O vindeiro mércores 2 de maio de 2024, ás 13:00 horas, terá lugar un acto en lembranza do noso compañeiro Jose Pazos. O acto está organizado conxuntamente pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo.
No acto interviran:
Manuel Joaquín Reigosa Roger, Reitor da Universidade de Vigo
Pedro Merino Gómez, Académico da RAGC
Martín López Nores, Catedrático do Departamento de Enxeñaría Telemática da UVigo
Fernando Pérez González, Catedrático do Departamento de Teoría do Sinal e as Comunicacións da UVigo e académico da RAGC
Martín Llamas Nistal, Director de atlanTTic (UVigo)
Juan Lema Rodicio, Presidente da RAGC
Rebeca P. Díaz Redondo, Directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo
Plantarase unha árbore e colocarase unha placa na súa lembranza no exterior da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo
Prégase confirmación de asistencia antes do 29 de abril no seguinte ENLACE.