II Encontro CIBER.gal

Abrir

O II encontro galego de ciberseguridade CIBER.gal celebrarase os días 09 e 10 de novembro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, nas instalacións do Edificio Fontán. Organizado polo Nodo galego de ciberseguridade CIBER.gal será un evento integrador que aglutinará entidades de referencia no campo da seguridade da información, expertos na materia, divulgadores profesionais. Acollerá actividades destinadas a toda a sociedade galega: profesionais do tecido empresarial, estudantes especializados, menores, familias, Administración Pública… Expertos nacionais e internacionais responderán a cuestións como:

  • Cales son os ciberdelitos máis frecuentes que afectan á nosa sociedade?
  • Eu non son o obxectivo, ou sí? Hacking en directo.
  • Que oportunidades laborais ofrece a formación especializada en ciberseguridade?

A docente da EET, investigadora de atlanTTic e coordinadora do mestrado interuniversitario en CiberSeguridade (MUniCS), Ana Fernández Vila, partcicipará nunha mesa redonda sobre Galicia á vanguardia da i+d en ciberseguridade.

Ademais, haberá máis actividades complementarias como o Escape Room virtual de ciberseguridade, unha representación teatral sobre o acoso nas redes sociais ou sesións de hacking en directo.

Haberá sorteos de premios entre os asistentes presenciais.

A Cátedra R en ciberseguridade, patrocinador do encontro, impartirá o día 9 de novembro un obradoiro sobre o análise forense de imaxes manipuladas e o Concurso Capture The Flag xunto con Gradiant.

CONSULTA O PROGRAMA

A inscrición é gratuíta e con prazas limitadas ao aforo para a asistencia presencial. Podes inscribirte ata o 8 de novembro neste enlace INSCRÍBETE