Chega a 23ª edición do Foro Tecnolóxico de Emprego. Un evento creado polo estudantado para o estudantado.
O Foro Tecnolóxico de Emprego é unha iniciativa creada no ano 2001 polas delegacións de alumnado das Escolas de Enxeñaría de Telecomunicación, Industrial e Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que busca facilitar o achegamento laboral das empresas aos futuros titulados de corte técnico desta Universidade.
Este evento organizado por e para o estudantado, terá lugar este ano nas 3 Escolas de Enxeñaría da UVigo os días 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo del 2023, grazas ao esforzo e iniciativa dun grupo de estudantes co apoio da Universidade, as tres Escolas de Enxeñaría, os Colexios Oficiais e outras institucións públicas e privadas.
Durante o evento, o principal atractivo estará no vestíbulo das Escolas de Minas e Enerxía e Industrial, onde as empresas participantes poden ter unha relación próxima cos universitarios, recollendo currículums e tendo unha comunicación directa, axilizando así unha posible vía de contratación. Outras vías de contacto son os workshops, onde a realización de diversas actividades permitirá ver as aptitudes dos participantes, e as conferencias, onde se realizan presentacións técnicas dos seus produtos e/ou servizos.
Este ano os worshops van ter unha maior relevancia, facendo que aqueles que teñan unha forte carga práctica dispoñan de hora e media de duración para que poidan desenvolverse de maneira eficaz e cómoda, tanto para os/as organizadores/as do taller, coma para o alumnado que asista.
Neste enlace podes consultar as temáticas e horarios das conferencia e workshops. As temáticas das conferencias foron escollidas polo estudantado a través de formularios de consulta co obxectivo de brindarte a mellor experiencia posible.
Aconsellamos aos interesados seguir as redes do Foro e consultar a súa web para estar ao tanto de todas as novidades.
Esperámosvos o 28 de febreiro, 1 e 2 de marzo.
Non volo perdades!