Elas Fan TIC na EET para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs

Abrir

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola irganiza a Xornada ‘Elas Fan TIC’ o vindeiro venres 1 de marzo de 2024. O obxectivo é darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que o estudantado máis novo as poida valorar como unha opción de futuro.

A xornada, na que vai participar estudantado de 5º e 6º de primaria de dous centros eduacativos, vai consistir nun obradoiro de robótica con CuteBot.

Esta xornada está patrocinada pola Cátedra Indra-UVigo en enxeñaría e tecnoloxía.