Elas Fan CienTec na EET para conmemorar o 11F

Abrir

A Universidade de Vigo dedicará o mes de febreiro a dar visibilidade ao traballo das súas investigadoras e científicas e a fomentar as vocacións entre as xeracións máis novas e farao no marco da conmemoración do Día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, que se celebra o 11 de febreiro en todo o mundo. A institución viguesa deseñou un amplo programa de actividades como obradoiros, feiras divulgativas, charlas e certames, que permitirán dar a coñecer a ciencia que se está a levar a cabo dentro da UVigo e achegar referentes femininos no campo da I+D.

A EET participa na oitava edición dos obradoiros Elas Fan CienTec para rapazas de secundaria que terá lugar o 8 de febreiro. Nesta edición de 2024 partciparán estudantes de educación secundaria do IES de Valadares que realizarán tres obradoiros:

  • Detectives de imaxes
  • Programación dun xogo con Scratch
  • Introdución á programación web e o seu funcionamento

Podes atopar información de todas as actividades que terán lugar na UVigo neste documento (Folleto_11_f_2024) e nesta nova do DUVI.