Nesta charla exploraremos as aplicacións reais de adquisición de datos, automatización e sistemas de medida presentes en distintas industrias, dende enerxía e automoción, ata laboratorio e manufactura avanzada.
A través de casos prácticos mostraremos como ferramentas especializadas como LabVIEW permiten aos enxeñeiros abordar de forma eficiente os retos técnicos que xorden en proxectos de probas, control e validación. Impartida por Jose M. Chin Castro, Xerente de Ventas de Emerson.
Ademais, ofrecerase unha introdución xeral ás traxectorias profesionais relacionadas coa instrumentación, as probas automatizadas e o software de enxeñaría, campos que a miúdo se pasan por alto durante a educación universitaria, pero que representan oportunidades laborais sólidas e en crecemento. Esta presentación está dirixida ao estudante de enxeñería que desexa entender como conectar o mundo físico co dixital e como esas competencias poden converterse nunha vantaxe competitiva na súa carreira.
¡Non perdas esta oportunidade de explorar o futuro da enxeñería moderna relacionada coa adquisición de datos!
Data: martes 24 de marzo de 2026, 12:00 a 13:00
Lugar: Salón de Graos, EET
Destinatarios: estudantes da escola
É necesaria a inscrición, ata o día 23 de marzo ás 18:00, na materia do PAT en Moovi.
Os asistentes á charla recibiran unha certificación de unha hora.
