Dentro do programa integraTE, patrocinado pola Cátedra Indra, o vindeiro mércores 22 de outubro ás 13:00, teremos no Salón de Actos a segunda charla do ciclo “Café & …” desta vez centrada nos usos dos transistores GaN. Esta charla está deseñada para estudantes con curiosidade por saber como funcionan os sistemas que permiten traballar tecnoloxías como o radar ou a guerra electrónica. Proporcionarase unha introdución ao papel dos transistores GAN (nitruro de galio) no deseño de sistemas avanzados de RF. Veremos como se desenvolven estes dispositivos, como se integran nos amplificadores de potencia e como se aplican en sistemas reais desenvolvidos por Indra Vigo. Ademais, discutirase o impacto da futura fábrica de chip en Vigo e como pode transformar o ecosistema tecnolóxico galego e as oportunidades profesionais do sector. Esta charla correrá a cargo de Rocio Moure,technological expert, de Indra.
Este ciclo de charlas de divulgación científica sobre tecnoloxías de telecomunicación está principalmente pensado para estudantes de primeiro e segundo do grao, pero aberto ao resto do estudantado da escola. Este ciclo poderá axudarte a elixir a mención a cursar en terceiro, así como ver que contidos vas a estudar máis adiante no Grao/Mestrado ou en que podes traballar no futuro. Non perdas esta interesantes charla nun ambiente relaxado e con café ao rematar.