Avaliación dos progresos do alumnado do programa de doutoramento internacional DocTIC

Abrir

O próximo venres 10 de xuño, o programa de doutoramento en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (DocTIC) celebrará a súa sesión anual de avaliación.
Nesta xornada os doutorandos e as doutorandas exhibirán nos pasillos da Escola os pósters que sintetizan o traballo de investigación que están a levar a cabo, e explicarán os puntos centrais das súas teses. Ademais, contaremos coa presencia do investigador da Universidade de Verona Manuele Bicego que falará sobre ‘random forests’ e o seu potencial para recoñecemento de patróns.

Nesta ligazón atoparedes o programa da xornada.