O Plan de Acción Titorial (PAT-ANEAE) da EET consta de dous programas: integraTE, para a acollida e integración do estudiantado de primeiro curso, e orientaTE, para complementar os estudos universitarios con actividades formativas complementarias. Tamén cubre a atención a estudantes con necesidades específicas e apoio educativo (PIUNE).

OrientaTE ofrece obradoiros, charlas, visitas a empresas, formación en competencias transversais etc. Xunto co integraTE, os dous programas poden axudar ao alumnado do centro a orientarse cara a actividade profesional.

Calendario de actividades para o curso 2023/24.

O calendario tentativo de xuntanzas do programa integraTE para o curso 2023-24 é o seguinte (calqueira modificación será notificada a través desta páxina e de Moovi):

  • Primeiro cuadrimestre:
    • Luns 11 de setembro
      • Acto de Acollida
      • Coñece a Escola
    • Martes 12 de setembro
      • Obradoiro de xestión do tempo e técnicas de estudo
    • Xoves 14 de setembro
      • Fortalezas de carácter e motivación
    • Data por determinar de outubro
      • Intelixencia emocional, autocoñecemento, xestión emocional
  • Segundo cuadrimestre:
    • Primeira semana
      • Autoestima, relacións e comunicación
    • Febreiro
      • Traballo en equipo e liderado
    • Abril
      • Peche

Para o curso 2023-24 temos programadas unha serie de actividades dentro do programa orientaTE

  • Bootcamp “Desenrolo Full Stack para enxeñeiros” de Campus Dual TIC
    • Remata o 14/09/2023
  • Curso de Blockchain dentro do congreso BlockGalicia
    • 28/09/2023
  • Charla “Sistemas Radar e EW (Electronic Warfare) en Indra, tecnoloxías de radiofrecuencia, procesamento dixital e deseño de PCB”
    • 19/10/2023
  • Obradoiro “Think Six Tour – 6G Channel Sounding”, Rhode-Schwarz
    • 6/11/2023
  • Xornada Artigo9Tech “IV Xornada de Tecnoloxía para o Ben Común de educación, investigación e cooperación para o desenvolvemento”
    • 01/12/2023
  • Xornada Nodo 5G – GaiásTech “Xornada Redes IoT”
    • 14/12/2023
  • Obradoiro Marine Instruments “Es quen de facer chegar á terra os datos detectados por unha boia mariña?” (edición II)
    • 31/01/2024 ao 28/02/2024
  • Charla Foro Tecnolóxico: Falar e comunicar de maneira eficaz
    • 19/02/2024
  • Charla Foro Tecnolóxico: Terminando a carreira universitaria e agora que?
    • 22/02/2024
  • Charla RENFE – LogiRAIL “A importancia da Ciberseguridade, a súa relación coa Intelixencia Artificial e Oportunidades Profesionais no sector ferroviario”
    • 13/03/2024
  • Obradoiro “Nova era: seguridade holística en Microsoft 365 e resposta automatizada ante incidentes usando IA”
    • 14/03/2024
  • Hackaton Hack for Good 2024, Cátedra Telefónica UVigo
    • 14, 15 e 16/03/2024

Actividades dos programas do PAT-ANEAE