Ao conxunto de coñecementos, habilidades e actitudes que se adquiren e desenvolven durante os estudos, tamén lles chamamos competencias. Estas competencias agrúpanse, seguindo a clasificación utilizada polo Ministerio, en básicas, xerais, específicas e transversais.

Os graduados e graduadas en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación da UVigo adquiren as competencias xerais e específicas indicadas na Orde CIN/352/2009, do 9 de febreiro, que establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habilitan para a profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.

Respecto as competencias específicas, para a obtención do título, hai que completar só un dos catro módulos tecnolóxicos incluídos no Grao proposto. Desta forma, as competencias específicas 21 a 47 non serán adquiridas pola totalidade do alumnado: quen sigan a tecnoloxía de Sistemas de Telecomunicación adquirirán as competencias 21 a 26; se son de Sistemas Electrónicos, 39 a 47; se de Telemática 27 a 33; e quen sexa de Son e Imaxe, da 34 á 38.

Así mesmo, o Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación garante a adquisición das competencias básicas para os estudos de grao previstas no anexo 1 do Real decreto 1393/2007, e as competencias transversais das titulacións da Universidade de Vigo

Competencias

Competencias básicas (CB)

  • (CB1): Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
  • (CB2): Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
  • (CB3): Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
  • (CB4): Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
  • (CB5): Que os estudantes teñan desenvolvido aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
  • (CX1): Capacidade para redactar, desenvolver e asinar proxectos no ámbito da enxeñaría de telecomunicación que teñan por obxecto, de acordo cos coñecementos adquiridos segundo o establecido no apartado 5 desta orde, a concepción e o desenvolvemento ou a explotación de redes, servizos e aplicacións de telecomunicación e electrónica.
  • (CX2): Coñecemento, comprensión e capacidade para aplicar a lexislación necesaria durante o desenvolvemento da profesión de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación e facilidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  • (CX3): Coñecemento de materias básicas e tecnoloxías, que lle capacite para a aprendizaxe de novos métodos e tecnoloxías, así como que lle dote dunha gran versatilidade para adaptarse a novas situacións.
  • (CX4): Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade, e de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas, comprendendo a responsabilidade ética e profesional da actividade do Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación.
  • (CX5): Coñecementos para a realización de medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritacións, estudos, informes, planificación de tarefas e outros traballos análogos no seu ámbito específico da telecomunicación.
  • (CX6): Facilidade para o manexo de especificacións, regulamentos e normas de obrigado cumprimento.
  • (CX7): Capacidade de analizar e valorar o impacto social e ambiental das solucións técnicas.
  • (CX8): Coñecer e aplicar elementos básicos de economía e de xestión de recursos humanos, organización e planificación de proxectos, así como de lexislación, regulación e normalización nas telecomunicacións.
  • (CX9): Capacidade de traballar nun grupo multidisciplinar e nun contorno multilingüe e de comunicar, tanto por escrito como de forma oral, coñecementos, procedementos, resultados e ideas relacionadas coas telecomunicacións e a electrónica.
  • (CX10): Capacidade para realizar lectura crítica de documentos científicos.
  • (CX11): Saber aproximarse a un problema novo abordando primeiro o esencial e despois o accesorio ou secundario.
  • (CX12): Desenvolvemento da capacidade de discusión sobre cuestións técnicas.
  • (CX13): Capacidade para manexar ferramentas software que apoien a resolución de problemas en enxeñaría.
  • (CX14): Capacidade para utilizar ferramentas informáticas de procura de recursos bibliográficos ou de información.
  • (CE1/FB1): Capacidade para a resolución dos problemas matemáticos que poidan exporse na enxeñaría. Aptitude para aplicar os coñecementos sobre: álxebra lineal; xeometría; xeometría diferencial; cálculo diferencial e integral; ecuacións diferenciais e en derivadas parciais; métodos numéricos; algorítmica numérica; estatística e optimización.
  • (CE2/FB2): Coñecementos básicos sobre o uso e programación dos computadores, sistemas operativos, bases de datos e programas informáticos con aplicación en enxeñaría.
  • (CE3/FB3): Comprensión e dominio dos conceptos básicos sobre as leis xerais da mecánica, termodinámica, campos e ondas e electromagnetismo e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  • (CE4/FB4): Comprensión e dominio dos conceptos básicos de sistemas lineais e as funcións e transformadas relacionadas, teoría de circuítos eléctricos, circuítos electrónicos, principio físico dos semicondutores e familias lóxicas, dispositivos electrónicos e fotónicos, tecnoloxía de materiais e a súa aplicación para a resolución de problemas propios da enxeñaría.
  • (CE5/FB5): Coñecemento adecuado do concepto de empresa, marco institucional e xurídico da empresa. Organización e xestión de empresas.
  • (CE10/T5): Capacidade para avaliar as vantaxes e inconvenientes de diferentes alternativas tecnolóxicas de despregamento ou implementación de sistemas de comunicacións, desde o punto de vista do espazo do sinal, as perturbacións e o ruído e os sistemas de modulación analóxica e dixital.
  • (CE11/T6): Capacidade de concibir, despregar, organizar e xestionar redes, sistemas, servizos e infraestruturas de telecomunicación en contextos residenciais (fogar, cidade e comunidades dixitais), empresariais ou institucionais responsabilizándose da súa posta en marcha e mellora continua, así como coñecer o seu impacto económico e social.
  • (CE12/T7): Coñecemento e utilización dos fundamentos da programación en redes, sistemas e servizos de telecomunicación.
  • (CE13/T8): Capacidade para comprender os mecanismos de propagación e transmisión de ondas electromagnéticas e acústicas, e os seus correspondentes dispositivos emisores e receptores.
  • (CE14/T9): Capacidade de análise e deseño de circuítos combinacionais e secuenciais, síncronos e asíncronos, e de utilización de microprocesadores e circuítos integrados.
  • (CE15/T10): Coñecemento e aplicación dos fundamentos de linguaxes de descrición de dispositivos de hardware.
  • (CE16/T11): Capacidade de utilizar distintas fontes de enerxía e en especial a solar fotovoltaica e térmica, así como os fundamentos da electrotecnia e da electrónica de potencia.
  • (CE17/T12): Coñecemento e utilización dos conceptos de arquitectura de rede, protocolos e interfaces de comunicacións.
  • (CE18/T13): Capacidade de diferenciar os conceptos de redes de acceso e transporte, redes de conmutación de circuítos e de paquetes, redes fixas e móbiles, así como os sistemas e aplicacións de rede distribuídos, servizos de voz, datos, audio, vídeo e servizos interactivos e multimedia.
  • (CE19/T14): Coñecemento dos métodos de interconexión de redes e encamiñamento, así como os fundamentos da planificación, dimensionado de redes en función de parámetros de tráfico.
  • (CE20/T15): Coñecemento da normativa e a regulación das telecomunicacións nos ámbitos nacional, europeo e internacional.
  • (CE48/T16): Coñecemento das técnicas adecuadas para o desenvolvemento e a explotación de subsistemas de procesado de sinal
  • (CE49/T17): Capacidade de analizar esquemas de procesado dixital de sinais
  • (CE50/T18): Capacidade de desenvolver, interpretar e depurar programas utilizando os conceptos básicos da Programación Orientada a Obxectos (POO): clases e obxectos, encapsulación, relacións entre clases e obxectos, e herdanza.
  • (CE51/T19): Capacidade de aplicación básica das fases de análises, deseño, implementación e depuración de programas na POO
  • (CE52/T20): Capacidade de manexo de ferramentas CASE (editores, depuradores).
  • (CE53/T21): Capacidade de desenvolvemento de programas atendendo aos principios básicos de calidade da enxeñaría do software tendo en conta as principais fontes existentes en normas, estándares e especificacións.
  • (CE21/ST1): Capacidade para construír, explotar e xestionar as redes, servizos, procesos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas de transmisión.
  • (CE22/ST2): Capacidade para aplicar as técnicas en que se basean as redes, servizos e aplicacións de telecomunicación tanto en contornas fixas como móbiles, persoais, locais ou a gran distancia, con diferentes anchos de banda, incluíndo telefonía, radiodifusión, televisión e datos, desde o punto de vista dos sistemas de transmisión.
  • (CE23/ST3): Capacidade de análise de compoñentes e as súas especificacións para sistemas de comunicacións guiadas e non guiadas.
  • (CE24/ST4): Capacidade para a selección de circuítos, subsistemas e sistemas de radiofrecuencia, microondas, radiodifusión, radioenlaces e radiodeterminación.
  • (CE25/ST5): Capacidade para a selección de antenas, equipos e sistemas de transmisión, propagación de ondas guiadas e non guiadas, por medios electromagnéticos, de radiofrecuencia ou ópticos e a correspondente xestión do espazo radioeléctrico e asignación de frecuencias.
  • (CE26/ST6): Capacidade para analizar, codificar, procesar e transmitir información multimedia empregando técnicas de procesado analóxico e dixital de sinal.
  • (CE27/TEL1): Capacidade de construír, explotar e xestionar as redes, servizos, procesos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos servizos telemáticos.
  • (CE28/TEL2): Capacidade para aplicar as técnicas en que se basean as redes, servizos e aplicacións telemáticas, talles como sistemas de xestión, sinalización e conmutación, encamiñamento e enrutamento, seguridade (protocolos criptográficos, tunelado, devasas, mecanismos de cobro, de autenticación e de protección de contidos), enxeñaría de tráfico (teoría de grafos, teoría de colas e teletráfico) tarificación e fiabilidade e calidade de servizo, tanto en contornas fixas, móbiles, persoais, locais ou a gran distancia, con diferentes anchos de banda, incluíndo telefonía e datos.
  • (CE29/TEL3): Capacidade de construír, explotar e xestionar servizos telemáticos utilizando ferramentas analíticas de planificación, de dimensionado e de análise.
  • (CE30/TEL4): Capacidade de describir, programar, validar e optimizar protocolos e interfaces de comunicación nos diferentes niveis dunha arquitectura de redes.
  • (CE31/TEL5): Capacidade de seguir o progreso tecnolóxico de transmisión, conmutación e proceso para mellorar as redes e servizos telemáticos.
  • (CE32/TEL6): Capacidade de deseñar arquitecturas de redes e servizos telemáticos.
  • (CE33/TEL7): Capacidade de programación de servizos e aplicacións telemáticas, en rede e distribuídas.
  • (CE34/SI1): Capacidade de construír, explotar e xestionar servizos e aplicacións de telecomunicacións, entendidas estas como sistemas de captación, tratamento analóxico e dixital, codificación, transporte, representación, procesado, almacenamento, reprodución, xestión e presentación de servizos audiovisuais e información multimedia.
  • (CE35/SI2): Capacidade de analizar, especificar, realizar e manter sistemas, equipos, cabeceiras e instalacións de televisión, audio e vídeo, tanto en contornas fixas como móbiles.
  • (CE36/SI3): Capacidade para realizar proxectos de locais e instalacións destinados á produción e gravación de sinais de audio e vídeo.
  • (CE37/SI4): Capacidade para realizar proxectos de enxeñaría acústica sobre: Illamento e acondicionamento acústico de locais; instalacións de megafonía; especificación, análise e selección de transdutores electroacústicos; sistemas de medida, análise e control de ruído e vibracións; acústica ambiental; sistemas de acústica submarina.
  • (CE38/SI5): Capacidade para crear, codificar, xestionar, difundir e distribuír contidos multimedia, atendendo a criterios de usabilidade e accesibilidade dos servizos audiovisuais, de difusión e interactivos.
  • (CE39/SE1): Capacidade de construír, explotar e xestionar sistemas de captación, transporte, representación, procesado, almacenamento, xestión e presentación de información multimedia, desde o punto de vista dos sistemas electrónicos.
  • (CE40/SE2): Capacidade para seleccionar circuítos e dispositivos electrónicos especializados para a transmisión, o encamiñamento ou enrutamento e os terminais, tanto en contornas fixas como móbiles.
  • (CE41/SE3): Capacidade de realizar a especificación, implementación, documentación e posta a piques de equipos e sistemas, electrónicos, de instrumentación e de control, considerando tanto os aspectos técnicos como as normativas reguladoras correspondentes.
  • (CE42/SE4): Capacidade para aplicar a electrónica como tecnoloxía de soporte noutros campos e actividades, e non só no ámbito das tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
  • (CE43/SE5): Capacidade de deseñar circuítos de electrónica analóxica e dixital, de conversión analóxico-dixital e dixital-analóxica, de radiofrecuencia, de alimentación e conversión de enerxía eléctrica para aplicacións de telecomunicación e computación.
  • (CE44/SE6): Capacidade para comprender e utilizar a teoría da realimentación e os sistemas electrónicos de control.
  • (CE45/SE7): Capacidade para deseñar dispositivos de interface, captura de datos e almacenamento, e terminais para servizos e sistemas de telecomunicación.
  • (CE46/SE8): Capacidade para especificar e utilizar instrumentación electrónica e sistemas de medida.
  • (CE47/SE9): Capacidade de analizar e solucionar os problemas de interferencias e compatibilidade electromagnética.
  • (CE54/PY1): Capacidade para a elaboración de propostas de proxectos técnicos conforme aos requirimentos especificados nunha convocatoria.
  • (CE55/PY2): Capacidade para a dirección técnica dun proxecto de telecomunicación.
  • (CE56/PY3): Capacidade para a xestión económica e de recursos humanos dun proxecto de telecomunicación.
  • (CE57/PY4): Capacidade para a elaboración de informes técnicos e de seguimento dun proxecto de telecomunicación.
  • (CE58/OP1): Capacidade para deseñar o hardware e o software de sistemas baseados en microcontroladores.
  • (CE59/OP2): Capacidade para utilizar ferramentas software de simulación de microcontroladores
  • (CE60/OP3): Capacidade de deseñar circuítos baseados en dispositivos optoelectrónicos para a súa utilización en sistemas de telecomunicación
  • (CE61/OP4): Capacidade para adquirir, acondicionar e procesar a información obtida a partir de sensores optoelectrónicos
  • (CE62/OP5): Capacidade para deseñar e sintetizar sistemas dixitais complexos por medio de linguaxes de descrición de hardware
  • (CE63/OP6): Capacidade para deseñar e utilizar sensores optoelectrónicos, sensores micromecánicos (MEMS) e sensores de onda acústica
  • (CE64/OP7): Comprensión e dominio dos conceptos básicos de redes de comunicacións industriais ou buses de campo (fieldbuses).
  • (CE65/OP8): Aplicar as ferramentas conceptuais, teóricas e prácticas das telecomunicacións no desenvolvemento e aplicacións de sistemas de radar e teledetección
  • (CE66/OP9): Capacidade para a selección de circuítos, subsistemas e sistemas de observación remota
  • (CE67/OP10): Aplicar as ferramentas conceptuais, teóricas e prácticas das telecomunicacións no desenvolvemento e aplicacións de sistemas de navegación e comunicacións por satélite
  • (CE68/OP11): Capacidade para a selección de subsistemas e sistemas de navegación e comunicacións por satélite
  • (CE69/OP12): Capacidade de implementar esquemas de procesado dixital de sinais en dispositivos programables
  • (CE70/OP13): Capacidade de interactuar con sinais de radio dixitalmente
  • (CE71/OP14): Capacidade para analizar a capa física dos sistemas de comunicacións dixitais modernos
  • (CE72/OP15): Coñecemento de elementos e técnicas en enxeñaría biomédica e a súa aplicación na solución de problemas asociados ao diagnóstico, monitorización e terapia.
  • (CE73/OP16): Capacidade para construír, explotar e xestionar sistemas de visión artificial, sistemas de imaxe médica e bases de datos multimedia.
  • (CE74/OP17): Capacidade para construír, explotar e xestionar sistemas de xeración de imaxe e vídeo sintético e aplicacións multimedia interactivas.
  • (CE75/OP18): Capacidade para elaborar mapas de ruído e a súa presentación en información xeográfica
  • (CE76/OP19): Capacidade para a aplicación de métodos numéricos á resolución de problemas acústicos.
  • (CE77/OP20): Capacidade para a identificación de problemas de ruído industrial e deseñar solucións de control a medida
  • (CE78/OP21): Capacidade para a realización de ensaios en acústica ambiental, acústica na edificación e automoción
  • (CE79/OP22): Capacidade para a elaboración de procedementos de ensaio acústico específicos
  • (CE80/OP23): Capacidade para dominar técnica e conceptualmente as fases dunha produción audiovisual.
  • (CE81/OP24): Capacidade para utilizar con habilidade e creatividade o equipamento técnico destinado ao desenvolvemento da produción.
  • (CE82/OP25): Capacidade para utilizar as aplicacións informáticas específicas da produción audiovisual.
  • (CE83/OP26): Capacidade para organizar unha produción audiovisual.
  • (CE84/OP27): Capacidade de aplicar as técnicas en que se basean os servizos e as aplicacións telemáticas, en rede e distribuídas a ámbitos baseados na difusión e/ou intercambio de información audiovisual
  • (CE85/OP28): Capacidade para analizar, planificar e despregar redes de comunicacións sen fíos nos diferentes rangos de cobertura: metropolitanos, locais e de curto alcance.
  • (CE86/OP29): Capacidade de programación de servizos e aplicacións telemáticas baseados en técnicas de intelixencia artificial.
  • (CE87/OP30): Capacidade para comprender as esixencias específicas que suscitan os sistemas integrados con fortes restricións de tempo real
  • (CE88/OP31): Capacidade para formular e resolver os problemas que suscita o deseño e desenvolvemento de sistemas integrados
  • (CE89/OP32): Capacidade para deseñar e construír novos servizos telemáticos
  • (CE90/TFG): Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal universitario, consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría de Telecomunicación de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nos ensinos.
  • (CT1): Desenvolver a autonomía suficiente para levar a cabo traballos do ámbito temático das Telecomunicacións en contextos interdisciplinares. 
  • (CT2): Concibir a Enxeñería nun marco de desenvolvemento sostible. 
  • (CT3): Incorporar no exercicio profesional criterios de sustentabilidade e compromiso ambiental. Adquirir habilidades no uso equitativo, responsable e eficiente dos recursos. 
  • (CT4): Favorecer o traballo cooperativo, as capacidades de comunicación, organización, planificación e aceptación de responsabilidades nun ambiente de traballo multilingüe e multidisciplinar, que favoreza a educación para a igualdade, para a paz e para o respecto dos dereitos fundamentais. 
  • (CT5): Capacidade para comunicarse por oral e por escrito en lingua galega.