A Universidade de Vigo e a Universidade Tecnolóxica de Lodz, Polonia, ofrecen unha dobre titulación internacional na área de Telecomunicación e Electrónica. Os estudantes obterán unha dobre titulación internacional de Mestrado:
- Mestrado en Enxeñería de Telecomunicación, MET, da Universidade de Vigo.
- Mestrado en Ciencias en Electrónica e Telecomunicación, MSET, da Universidade Tecnolóxica de Lodz.
Un máximo de 10 estudantes poden participar neste programa, 5 da Universidade Tecnolóxica de Lodz (TUL) e 5 da Universidade de Vigo (UVigo). Para participar no programa, os estudantes deben ser admitidos primeiro no Mestrado en Enxeñería de Telecomunicación en UVigo ou no Mestrado en Ciencias en Electrónica e Telecomunicación en TUL.
Os estudantes que participen neste programa de dobre titulación pasarán dous semestres en cada unha das universidades. No terceiro semestre, os estudantes da Universidade Tecnolóxica de Lodz realizarán prácticas en Vigo, e os estudantes da Universidade de Vigo farano en Lodz. Todos os participantes pasarán o último semestre na Universidade de Vigo, onde defenderán o seu traballo de fin de mestrado.
Para dúbidas ou máis información
Coordinación do Mestrado na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
teleco.master@uvigo.es