Quen pode participar e como?

Podes participar en equipos (de 2 a 6 estudantes) nas catro seguintes categorías:

  • (i) 1º e 2º de ESO
  • (i) 3º e 4º de ESO
  • (iii) Bacharelato
  • (iv) Ciclos formativos de grado medio e/ou superior

Cada equipo terá o reto de propor unha solución a un reto da sociedade, ligada a un ou varios ODS, e desenvolver un prototipo funcional coa plataforma, o hardware, os compoñentes, a linguaxe de programación e o contorno de desenvolvemento que consideren máis axeitados. Poderán empregar o kit de placas programables que lles facilitaremos dende a EET ou calquera outro material que escollan. O orzamento total do proxecto non poderá superar os 200 €, contando todos os elementos do prototipo (tamén os que o centro ou o equipo xa teñan, ao seu valor de mercado); superalo penaliza a puntuación. As comunicacións (por exemplo, 5G, LoRaWAN, WiFi, Bluetooth, etc.) deben ser unha parte imprescindible do proxecto. Valorarase ademais que o proxecto incorpore elementos de ciberseguridade, Internet das Cousas (IoT) e/ou Intelixencia Artificial (IA). Cada equipo defenderá o seu proxecto ante un xurado, que o valorará segundo a rúbrica das bases nacionais: integración das telecomunicacións, dificultade do proxecto, calidade do demostrador, aliñación cos ODS e exposición e defensa.

Permitirase a participación de máis dun equipo por centro; o número máximo determinarase cando termine o prazo de inscrición, e dependerá do número total de equipos que se inscriban.

Tes información detallada aquí.

Que podo gañar?

Ademais da experiencia e da posibilidade de levar os premios que se indican debaixo, só por participar xa gañas:

  • O teu centro educativo recibirá un kit de placas programables cun valor estimado en torno aos 75 €.
  • Na xornada de inauguración das olimpiadas (15 de xaneiro de 2027), terás a oportunidade de visitar ás instalacións educativas e de investigación (cámaras anecoicas, laboratorios de 5G/6G, laboratorios de tecnoloxías cuánticas, electrónica e radio, entre outras) da nosa escola, clasificada entre as 300 mellores do mundo segundo o ranking de Shanghai.

Fases da competición e premios

A competición consta de dúas fases:

1º Fase: clasificatoria

A competición entre os equipos que se apunten na nosa Escola (EET UVIGO) terá lugar o día 19 ou 20 de abril de 2027 na EET.

Tedes desde xaneiro para traballar no voso proxecto. En cada categoría, daranse 4 premios:

  • 1º Premio:
    • 400 € ao equipo e
    • 400 € ao centro educativo
  • 2º Premio:
    • 300 € ao equipo
  • 3º Premio:
    • 200 € ao equipo

En cada categoria, só un equipo por centro poderá recibir un premio.

2º Fase: nacional

Os mellores proxectos pasan directamente á competición nacional, que será en maio de 2027. Daranse 3 premios, cuxa contía dependerá dos patrocinadores.

Como me podo inscribir?

Podes facelo a través do seguinte formulario:

Tes dúbidas?

Podes resolvelas en:

Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO