A empresa Alén Space, parte de grupo GMV, e membro da iniciativa Conexión Teleco, financia 6 placas de desenvolvemento PYNQ Z2, á EET.
As placas de desenvolvemento PYNQ Z2 son plataformas comercializadas pola empresa AMD para dar soporte ao deseño de sistemas encaixados (System on Chip – SoC). Baséanse nun dispositivo da familia Zynq-7000 SoC que combina, nun mesmo circuíto integrado, un microcontrolador ARM Cortex-A9 e unha FPGA con miles de celas lóxicas reconfigurables. A finalidade desta arquitectura hardware/software é lograr sistemas dixitais con prestacións moi elevadas en canto a frecuencia de operación e rendemento, á vez que se reduce o consumo de potencia e o tamaño.
Por outra banda, a PYNQ Z2 dispón dun soporte software que permite o deseño desde alto nivel mediante a linguaxe e as bibliotecas Python e está pensada para facilitar a conectividade con outros sistemas de desenvolvemento amplamente utilizados, como Arduino ou Raspberry Pi. Todo iso convértea nun recurso moi interesante para o desenvolvemento de aplicacións no ámbito das telecomunicacións, o procesado de sinal, a IA, a computación de bordo (edge computing) e a robótica.
Está previsto que o próximo curso se imparta unha formación na EET sobre o uso deste equipamento.