San Teleco XL concibiuse como unha celebración do 30 aniversario da Escola e o 25 aniversario da primeira promoción, nun ambiente festivo, próximo e pouco oficial. Foi unha xornada de confraternización na propia Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, aberta aos seus titulados e ás súas familias, co obxectivo de vérmonos nun ambiente distendido.
Organizáronse obradoiros tecnolóxicos para a rapazada máis nova, mentres pais e nais atendían á xornada de visita pola EET e máis a charlas e eventos de conmemoración.
- Nova en La Voz de Galicia: “San Teleco XL da la talla en su primer encuentro“
- Cartel de SanTelecoXL [PDF, 3MB]