A cátedra R en Ciberseguridade foi a primeira interuniversitaria de Galicia, cun acordo entre a empresa R, a Universidade de Vigo e a Universidade da Coruña (UDC).
Dirixida pola profesora Ana Fernández Vilas, consta dunha comisión coordinadora con representación da Facultade de Informática da UDC. Para a EET supón un fito importante na súa relación co tecido empresarial e un reforzo claro do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade, dado que os seus piares básicos de actuación son:
- A promoción das competencias profesionais do alumnado universitario
- A mellora da capacitación no campo da Ciberseguridade
- A ampliación ou actualización dos coñecementos técnicos ou habilidades dos membros da comunidade universitaria ou doutros profesionais para adaptalos ás necesidades da empresa e
- O fomento da formación continua e da innovación na Investigación en Ciberseguridade.