Para acceder a estudos oficiais de mestrado, hai que estar en disposición dun título universitario oficial (RD 1393/2007, modificado polo RD 861/2010 e o RD 43/2015).
Mais información:
Criterios de acceso e admisión
Ao habilitar o título de mestrado para o exercicio da profesión regulada de Enxeñaría de Telecomunicación, hai outras condicións de acceso especificadas na orde CIN/355/2009:
- Poderá acceder ao mestrado que habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro ou enxeñeira de Telecomunicación, quen adquira previamente as competencias que se recollen no apartado 3 da Orde Ministerial pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación e a súa formación estar de acordo coa que se establece no apartado 5 da antes citada Orde Ministerial.
- Do mesmo xeito, permitirase o acceso ao mestrado cando, o título de grao da persoa interesada, acredite ter cursado o módulo de formación básica e o módulo común á rama, aínda non cubrindo un bloque completo do módulo de tecnoloxía específica, mais si 48 créditos dos ofertados no conxunto dos bloques de devandito módulo dun título de grao que habilite para o exercicio de EnxeñaríaTécnica de Telecomunicación, de acordo coa referida Orde Ministerial.
- Igualmente, poderán acceder a este mestrado quen estean en posesión de calquera título de grao sen prexuízo de que neste caso se establezan os complementos de formación previa que se estimen necesarios.
Os apartados anteriores entenderanse, sen prexuízo do disposto no artigo 17.2 e na disposición adicional cuarta do real decreto 1393/2007, de 29 de outubro.
Por tanto, para cursar o MET recoméndase superar algún dos estudos que se detallan a continuación:
- Graos en Tecnoloxías TIC, con atribucións profesionais de Enxeñerio ou Enxeñeira Tecnicos en Telecomunicación.
- Graos, licenciaturas ou enxeñarías en tecnoloxías TIC.
Tamén se admiten outras titulacións das ramas de enxeñaría e arquitectura segundo a valoración da Comisión de Admisión da titulación.
Non se admiten titulados en programas correspondentes a outras ramas de coñecemento diferentes á enxeñaría e a arquitectura.
A Comisión Académica do mestrado poderá establecer complementos formativos aos estudantes que veñan de universidades estranxeiras ou doutros graos de enxeñaría alleos á telecomunicación, co obxectivo de nivelar a bagaxe formativa. Estes complementos formativos estarán compostos por materias do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, e serán definidos individualmente, en función do desenvolvemento curricular de cada un dos estudantes, previamente á primeira matrícula.
- Plan de estudos do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación (especialidade Electrónica) adaptado para titulados do Grao en Enxeñaría Electrónica Industrial e Automática da Universidade de Vigo.
- Plan de estudos do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación (especialidades Telemática e Radiocomunicación) adaptado para oficiais da Armada co Grao en Enxeñería Mecánica
Para a obtención do título, o alumnado debe xustificar un nivel de inglés equivalente a B1, podéndoo facer no ingreso ou ao longo do desenvolvemento dos estudos mediante titulación da Escola Oficial de Idiomas, certificación do Centro de Linguas da Universidade, ou calquera dos certificados, diplomas ou títulos que se consideren equivalentes (Cambridge, TOEFL etc.). Recoméndase seriamente que o estudantado dispoña do devandito nivel de inglés durante o primeiro ano, xa que dúas das especialidades impartiránse nese idioma.
Solicitude de admisión
A inscrición no MET realizarase no portal de auto-matrícula da Universidade de Vigo. Mais información en acceso á Universidade de Vigo.
Outras ligazóns de interese:
- Información xeral sobre a matrícula
- Información sobre a matrícula en másteres
- Recoñecemento e transferencia de créditos (másteres universitarios oficiais) [PDF]
- Regulamento de Estudios de Posgrao
- Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster
- Prácticas externas
- Norma xeral de traballos de fin de máster
- Mobilidade
Se accedes por primeira vez a estudos de posgrao, atoparás toda a información que precisas na Guía práctica para estudantes de novo acceso a estudos de posgrao.
Se es estudante estranxeiro/a, atoparás a información necesaria para acceder aos estudos de posgrao na Universidade de Vigo na Guía para o estudantado estranxeiro (en español).
Procedementos de acollida e orientación no ingreso
Na seguinte ligazón tés información de interese para a túa nova etapa con nós.
Regulamento e normativa aplicable
Para coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UVigo, fai clic na ligazón.