A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación apoia activamente ás asociacións estudantís, colaborando anualmente cun patrocinio económico. Ademais, facilita espazos no centro para que poidan desenvolver a súa actividade.

Asociacións do centro

CES UVigo

Somos un equipo multidisciplinar formado por alumnos da Universidade de Vigo. Buscamos deseñar e fabricar barcos propulsados por luz solar para participar en competicións internacionais. Os nosos obxectivos son fomentar o mundo da náutica e das enerxías renovables na comunidade universitaria, así como ofrecer ao estudantado da Universidade unha experiencia de traballo colaborativo nunha contorna real.

No verán de 2022 presentarémonos á regata internacional Monaco Energy Boat Challenge, competición na que nos confrontaremos con universidades, empresas e asociacións de toda Europa. Agardamos amosar as nosas capacidades e deixar a marca galega en Mónaco.

CONTACTO:

Caixa do correo na EET
99

Espacio en la EET
B602

UVigo SpaceLab é un equipo creado a comezos do ano 2020 formado por estudantes universitarios dedicados ao deseño, fabricación e operación de pequenos satélites e misións espaciais dentro do ámbito educativo. Os  integrantes son estudantes das diferentes enxeñarías dos Campus da Universidade de Vigo: Campus Marcosende (Vigo) e Campus da Auga (Ourense). 

Este proxecto permite poñer en práctica os coñecementos e capacidades obtidos ao largo dos estudos universitarios, obtendo experiencia no eido aeroespacial. Algunhas das nosas misión son as seguintes:

OLLO – 3U Cubesat Study

Open Little Luminary Observatory – OLLO é un concepto de misión para un CubeSat de 3 unidades. O obxetivo de OLLO é divulgar a astronomía ao público xeral a través dun telescopio orbital de acceso libre para observacións celestes.

Este estudio foi escollido pola Axencia Espacial Europea (ESA) para participar no taller de Enxeñaría Concurrente nas súas instalacións ESEC-Galaxia, en Bélxica. OLLO foi o primeiro estudo de misión de UVigo SpaceLab e fixo posible establecer a estrutura e dinámica do laboratorio.

Misión Actual – Biolóxica

Na actualidade UVigo SpaceLab e CINBIO atópanse desenvolvendo unha misión espacial biolóxica nunha plataforma CubeSat, coa finaidade de monitorizar a influencia da radiación e a microgravidade sobre microorganismos. O equipo encárgase ademais do deseño dos subsistemas necesarios para a plataforma espacial, centrando a súa investigación na estrutura, sistema de control de atitude (ADCS) e o sistema de potencia eléctrica (EPS).

CONTACTO:

Caixa de correo na EET
Spacelab, 94

Espazo na EET
Laboratorio B-602

Teléfono:
+34 986 13 03 08

Iniciativa que xorde no ano 2001 e ten por obxectivo facilitar o achegamento das empresas ás futuras tituladas e titulados da Universidade. Pretendemos reunir a empresas de grande relevancia relacionadas co sector tecnolóxico nun marco común, amosando unha visión global das perspectivas laborais para este sector. Aínda que nun principio está pensado para perfís técnicos, tamén é de interese para todo o estudantado universitario que queira achegarse ó mundo laboral.

Durante o Foro Tecnolóixco de Emprego o atractivo principal atópase nos stands, onde as empresas que participan poden ter unha interacción próxima co estudantando, recollendo currículos e mantendo unha comunicación directa, permitindo unha posible vía de contratación. Outras formas de contacto son os workshops, onde se levan a cabo diferentes actividades que permiten comprobar de primeira man as aptitudes dos participantes ou desenvolver novas competencias; e as conferencias, onde se realizan presentacións técnicas sobre temas de interese escollidos polo estudantado a través de enquisas.

CONTACTO

Caixa do correo na EET
38

Espazo na EET
C201

Somos unha asociación de debate da Universidade de Vigo nacida na Escola de Enxeñería de Telecomunicación. Centrámonos en dar formación práctica e teórica en oratoria baseándonos nos modelos de debate universitario máis instaurados en España: o modelo académico e o BP (British Parliament). O noso obxectivo é que adquiras as habilidades para defender e expoñer con argumentos claros e concisos as túas ideas, podendo así chegar a un público máis amplo, xa sexa na túa vida laboral como persoal, ou nas exposicións dos teus proxectos ou TFG. É dicir, as utilidades son infinitas!

E por suposto tes a posibilidade de participar na nosa liga interna e nos torneos que se organizan en universidades de toda España en ambas as modalidades de debate.

A oratoria é unha habilidade troncal que como outras moitas mellora adestrando e nós estamos para axudarche. Únete, agardámoste!

CONTACTO

Caixa do correo na EET
103

UVigo Motorsport é un equipo de estudantes da Universidade de Vigo fundado en 2014 dedicado ao deseño, fabricación e validación dun monopraza. O propósito deste reto é poñer en práctica os coñecementos e habilidades adquiridos ao longo da nosa formación universitaria, que logo serán avaliados por un grupo de expertos no mundo do motor e do sector da automoción durante as competicións internacionais “Formula Student”. Nos últimos anos centrámonos en mellorar e optimizar os nosos monoprazas, pero nas tempadas seguintes afrontamos un gran desafío: o desenvolvemento dun monopraza autónomo. A actualidade da competición preséntanos a tarefa de ter en 2022 un monopraza capaz de competir en polo menos unha proba de forma autónoma.

Formula Student

É a competición automobilística interuniversitaria máis importante do mundo. Baseada nun proxecto de formación interdisciplinar iniciado no Reino Unido en 1998, esta iniciativa reúne anualmente a centos de universidades en cada un dos circuítos europeos que acollen este evento. Os equipos participantes presentan un monopraza de alto rendemento, deseñado e construído integramente por estudantes universitarios, para superar as diferentes probas estáticas e dinámicas que mostran a adquisición de coñecementos técnicos, capacidade innovadora e xestión de proxectos de cada un dos participantes.

CONTACTO

A nosa asociación cre firmemente na importancia do traballo en equipo, a innovación e o desenvolvemento de novas tecnoloxías. Ademais, dende o principio, tivemos un carácter aberto, sendo un lugar onde o estudantado interesado pode unirse. Con estes valores desenvolvemos proxectos técnicos, obradoiros e cursos, e fomentamos a creación de grupos de interese de distintas temáticas. Todo isto constitúe unha formación moi valiosa para o futuro laboral do alumnado universitario que integra o IEEE UVigo Student Branch.

Ao igual que as persoas que conformamos a asociación, a temática dos proxectos que realizamos é moi variada. Dende proxectos de carácter social a robots avanzados para participar en competicións a nivel nacional, pasando por proxectos de nivel introductorio e avanzado orientados á aprendizaxe de distintas tecnoloxías actuais. Tamén facemos regularmente obradoiros sobre texnoloxías de uso na industrias, feitos por e para nós, as persoas que somos membros. Ademais, tamén formamos un Affinity Group Women In Engineering cuxo obxectivo consiste en normalizar o papel da muller na enxeñaría.

CONTACTO

Caixa do correo na EET
101

Espazo na EET
A-516