A maioría da investigación e transferencia desenvolvidas na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación pertence ao ámbito das Tecnoloxías de Telecomunicación e dentro das mesmas a tres grandes áreas: comunicacións e sistemas, ciberseguridade e servizos dixitais.
I+D Actualidade
atlanTTic
Unha gran parte do persoal docente e investigador da nosa escola pertence a atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
atlanTTic nace en 2010 e está acreditado como Centro de investigación do Sistema Universitario de Galicia (CIGUS). O centro está cofinanciado pola Xunta de Galicia e o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
Actualmente investigan no centro máis de 170 profesionais, gran parte tamén docentes ou estudantes na Escola, que, como dixemos máis arriba, traballan en tres grandes áreas: Comunicacións e sistemas; Ciberseguridade e Servizos dixitais.
atlanTTic conforma a súa actividade investigadora por medios de grupos de investigación que traballan en proxectos. Pódese ver a estrutura de grupos do Centro facendo clic no botón de abaixo.
Liñas de investigación da escola
As seguintes ligazóns levan ás liñas de cada unha das áreas de investigación:
- Área das Tecnoloxías de Telecomunicación
- Área de Tecnoloxía electrónica
- Área de Matemática aplicada
- Área de Novos materiais
Estes son os grupos de investigación que traballan nestas tres últimas áreas: