Realizar o traballo fin de titulación (grao e/ou máster) nunha empresa é unha opción moi valorada polo estudantado do noso centro. Poderse achegar á práctica profesional desde un punto formativo, guiado tanto por profesionais do sector como por docentes da EET supón un plus dentro do seu percorrido educativo.

Cales son as normas que hai que seguir?

Facendo clic no botóns de abaixo, podes consultar a Normativa para a Realización do Traballo de Fin de Grao e a Normativa para a Realización do Traballo de Fin de Mestrado da Universidade de Vigo:

En ambos os casos, verás que, no artigo 3.5, indican:

“O traballo de fin de grao/mestrado poderá elaborarse en institucións ou empresas externas á Universidade de Vigo, nos termos que se establezan nos convenios institucionais asinados. Nese caso, existirá a figura da persoa cotitora pertencente á institución ou empresa. A persoa titora académica compartirá coa persoa cotitora as tarefas de dirección e orientación do/a estudante, e será, en calquera caso, responsabilidade da persoa titora académica facilitar a xestión”

Tamén podes consultar as Normativas e Procedementos dos Traballos de Fin de Grao (TFG) e Traballos de Fin de Máster (TFM) da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET) facendo clic no seguinte botón:

Nestas normativas, fíxase o número de horas que é preciso realizar na entidade colaboradora alomenos ao 80% das horas totais consideradas:

  • TFG do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT): 240 de 300 horas
  • TFM do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación (MET): 600 de 750 horas
  • TFM do Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS): 300 de 375 horas
  • TFM do Máster en Matemática Industrial (M2i): 180 de 450 horas.
  • TFM do Máster Internacional en Visión por Computador (imcv): 648 de 810 horas
  • TFM do Máster en Ciencia e Tecnoloxías da Información Cuántica (MQIST): 300 de 375 h.
  • TFM do Máster Universitario en Internet das Cousas – IoT (MUIoT): 120 de 150 horas

Como é o proceso para realizar un TFG/TFM?

O proceso de realización dun traballo de fin de titulación na EET comeza coa presentación dunha proposta dun tema no que se propoña a resolución dun problema ou o desenvolvemento dun proxecto no ámbito da Enxeñaría de Telecomunicación.

Os temas poden ser propostos polo profesorado, polo estudantado ou por entidades colaboradoras externas, se ben para que sexan aprobados deben contar cun membro do profesorado da EET que actúe como persoa titora académica.

Como se propoñen os temas para os TFG/TFM?

  • Cando a entidade colaboradora xa teña acordado a temática cunha persoa que actúe como titora académica, será dita persoa a que realice a proposta de forma directa usando as canles establecidas no centro.
  • Noutro caso, é dicir, cando a entidade externa queira facer unha proposta temática pero non conte cunha persoa titora académica, a entidade externa deberá cubrir o formulario que figura como Anexo do seguinte documento e enviarllo á persoa que coordina os Traballos de Fin de Titulación da EET (teleco.tfg.tfm@uvigo.gal):

Cal é o calendario de TFG/TFM?

O procedemento de envío de propostas, procura de titor/a académico/a e publicación e asignación de estudante seguirá o calendario que se indica a continuación:

CALENDARIO para o grao GETT e os mestrados MET, M2i, MQIST e MUIoT

Recepción de propostas de entidades colaboradoras1 de setembro – 21 de setembro
Procura e asignación da persoa titora académica22 de setembro – 15 de outubro
Procura e asignación de estudante16 de outubro – 30 de novembro

CALENDARIO para os mestrados MUniCS, imcv

Recepción de propostas de entidades colaboradoras1 de maio – 21 de maio
Procura e asignación da persoa titora académica22 de maio– 15 de xuño
Procura e asignación de estudante16 de xuño – 31 de xullo

Non se garante que se poidan asignar persoas titoras académicas e estudantes para as propostas realizadas.

Algo máis a ter en conta?

A realización de Traballos Fin de Titulación na EET precisa que estea en vigor un convenio específico entre a entidade e a Universidade de Vigo para a realización destes traballos.

Os traballos de Fin de Titulación na EET son publicados nun repositorio aberto. É posible a realización de traballos baixo unha cláusula de confidencialidade, se ben se limita a un período de 2 anos a non divulgación dos traballos presentados

A túa entidade quere ofertar TFGs/TFMs?

Contacta coa Coordinación de traballos fin de grao (TFG)
e traballos fin de máster (TFM) no correo electrónico
teleco.tfg.tfm@uvigo.es