Traballo de fin de Grao

É unha materia obrigatoria planificada no 4º curso académico (2º cuadrimestre) con unha carga académica de 12 ECTS.

A avaliación do TFG é un aspecto moi relevante, por iso é moi importante revisar con detalle a rúbrica que usara o tribunal

As memorias de todos os TFGs defendidos deben ser redactadas acorde ao modelo facilitado e, trala lectura, todas as memorias defendidas na EET son públicamente accesibles a través do seguinte repositorio: http://castor.det.uvigo.es:8080/xmlui/ 

Traballos de fin de Mestrado

TFM da titulación Mestrado en Enxeñaría de Telecomunciación (MET)

É unha materia obrigatoria planificada no 2º curso académico (2º cuadrimestre) con unha carga académica de 30 ECTS.

O TFM preséntase de forma oral e escrita en inglés e para a súa defensa é preciso ter superado tódolos créditos do programa.

Un traballo de TFM pode ser proposto por calquera PDI da EET (DOC | PDF), forma coordinada entre calquera estudante e calquera docente do centro (DOC | PDF) ou ben de forma acordada entre calquera docente, estudiante e empresa (DOC | PDF)

A avaliación do TFM realízase segundo a rúbrica indicada a continuación, aprobada pola EET na normativa relativa a esta materia:

As memorias de todos os TFMs do MET defendidos na EET son públicamente accesibles a través do seguinte repositorio: http://castor.det.uvigo.es:8080/xmlui/handle/123456789/312  

TFM da titulación Mestrado en Ciberseguridade (MUniCS)

É unha materia obrigatoria planificada no 2º curso académico (1º cuadrimestre) con unha carga académica de 15 ECTS.

A avaliación do TFG é un aspecto moi relevante, por iso é moi importante revisar con detalle a rúbrica que usara o tribunal

Dúbidas en relación ao TFG ou TFM?

Podes contactar coa Coordinación de Traballos de fin de titulación
no correo electrónico teleco.tfg.tfm@uvigo.es