LPRO, Laboratorio de Proxectos, é unha materia obrigatoria do segundo cuadrimestre de 4º curso na que o estudantado aborda proxectos interdisciplinares. Cada equipo –conformado por entre 5 e 7 estudantes e 2 docentes– traballa no deseño e implementación (hardware e software) dun prototipo que dea solución a unha problemática previamente proposta.

No equipo do estudantado deben estar representadas, polo menos, dúas das catro Mencións do Grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e os dous membros do profesorado, deben pertencer a Departamentos diferentes, para enriquecer e facilitar sinerxias entre áreas de traballo.

As problemáticas propostas están normalmente vencelladas a unha empresa ou institución externa coa que o equipo traballa para definir a mellor solución viable. 

Ao final do cuadrimestre, fanse unhas xornadas divultagivas do traballo realizado nas que as persoas asistentes poden interactuar cos prototipos. Ademais, representantes do tecido empresarial galego participan na avaliación dos prototipos para outorgar premios ás mellores propostas. O vídeo de abaixo é un conxunto de varias curtas, unha playlist, con algunhas das solucións credas nesta materia.

Nun dos botóns do vídeo superior ou nesta ligazón de Youtube, pódense ver cada un dos vídeos por separado.

Se a túa empresa ou institución está interesada en colaborar coa EET ofertando actividades nas liñas previamente mencionadas, por favor, contacta coa persoa que coordina esta materia no correo electrónico teleco.tfg.tfm@uvigo.es