O Máster en Enxeñaría de Telecomunicación comezou a impartirse en setembro de 2014 tras a adaptación dos estudos a un novo marco definido para o Espazo Europeo de Educación Superior.
En xuño de 2016 sae a primeira promoción cunha sólida formación técnica que habilita a estas persoas como actores esenciais non só no noso sector, senón tamén noutras áreas, dada a elevada transversalidade do ámbito TIC.


