O noso compañeiro, o catedrático Fernando Pérez González, converteuse no primeiro enxeñeiro de telecomunicación en ingresar na Real Academia Galega de Ciencias. Dende xaneiro de 2019 forma parte tamén da directiva da RAGC.
Segundo as súas palabras, “Ademais da honra que supón ser elixido como membro da Real Academia Galega de Ciencias, tamén supón a asunción dun compromiso coa misión da institución, que é promover a ciencia e a tecnoloxía e a súa influencia na Sociedade, difundindo a cultura e os valores científicos, creando opinión desde a independencia, para contribuír ao desenvolvemento social e económico de Galicia. A RAGC desenvolve un gran número de actividades neste sentido: ciclos de conferencias, charlas en colexios, o Día da Ciencia en Galicia, onde se homenaxea a un científico destacado galego xa falecido, as medallas de investigación da Academia, premios de divulgación científica, premios de xornalismo científico, premios á transferencia de tecnoloxía en Galicia, e un longo etcétera. A RAGC tamén elabora informes sobre a situación e evolución da ciencia galega. Desde a nova directiva demos un enorme pulo ás actividades promovidas pola institución e adaptámonos ás necesidades da Sociedade; así, por exemplo, organizamos ciclos de conferencias sobre a Covid-19, os últimos avances no coñecemento sobre o cancro ou sobre a economía circular.”
- Ver unha nova do acto de toma de posesión na web da RAGC.
- E ir á galería de imaxes da toma de posesión.
Informacións na prensa:
- Faro de Vigo “El catedrático de Vigo Fernando Pérez ingresa en la Real Academia Galega de Ciencias“
- Atlántico Diario:”El catedrático Fernando Pérez entra en la Academia Gallega de Ciencias“
- La Voz de Galicia: “Fernando Pérez González: «Es más fácil traer a España a un futbolista para un equipo de Segunda que a un científico»“