Este programa formativo, a cargo da Cátedra NextChip da Universidade de Vigo, capacitará aos participantes no deseño, proba e empaquetado de chips fotónicos.
A Cátedra NextChip, financiada polo Ministerio de Economía, Comercio e Empresa a través da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais, con fondos do Mecanismo Europeo de Recuperación e Resiliencia, desenvolve ferramentas de testeo e caracterización de chips fotónicos e electrónicos de nova xeración.
Obxectivos
A titulación busca a capacitación en deseño, medida, fabricación e empaquetado de dispositivos fotónicos e electrónicos cunha importante formación práctica coa finalidade de preparar aos participantes para a súa incorporación á crecente oferta de postos cualificados en plantas de deseño e produción de chips fotónicos.
A quen vai dirixido?
Esta formación está especialmente dirixida a estudantes e titulados universitarios no ámbito da tecnoloxía, principalmente Física e Enxeñerías, como Telecomunicación, Electrónica, Mecánica… ou outros profesionais con experiencia laboral no ámbito da formación.
Contidos
O programa completo consta de tres módulos, aínda que estes son independentes e poden cursarse por separado. A superación de cada módulo outorgará un Diploma de Curso Avanzado de Posgrao, mentres que a capacitación completa en forma de título de Experto requirirá a superación do total dos tres módulos.
- Módulo 1: Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos (11 ECTS)
- Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos pasivos
- Deseño e proba de circuítos integrados fotónicos activos
- Deseño e proba de circuítos integrados de RF pasivos
- Módulo 2: Fabricación e empaquetado de chips fotónicos (7ECTS)
- Fabricación en sala limpa de circuítos integrados fotónicos
- Empaquetado de circuítos integrados
- Módulo 3: Tecnoloxías cuánticas e xestión de proxectos (7ECTS)
- Tecnoloxías cuánticas
- Xestión de proxectos e transferencia de tecnoloxía
Metodoloxía
O curso impartirase na súa maior parte na Ciudade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), instalación situada no Campus Universitario de Vigo, e contará coa participación de expertos no ámbito a nivel internacional. A formación incluirá numerosas actividades prácticas.
Os alumnos participarán tamén nunha formación intensiva no Laboratorio Ibérico de Nanotecnoloxía (INL), en Braga (Portugal).
Calendario e horarios
O curso comezará o 3 de febreiro e finalizará o 20 de xuño de 2025.
As clases terán lugar de luns a venres, de 15:30 a 19:30 horas.
Preinscrición e matrícula
A preinscrición realizarase a través da web do Centro de posgrao e formación permanente da Universidade de Vigo (https://cpfp.uvigo.gal/) e a matrícula será sen custo para as persoas participantes.