DENOMINACIÓN DO TÍTULO
Máster Universitario en Internet das Cousas (IoT)
NÚMERO DE CRÉDITOS
60 ECTS
UNIVERSIDADES PARTICIPANTES
Universidade de Vigo (Coordinadora), Universidade da Coruña e Universidade de Santiago de Compostela
CENTRO/S ONDE SE IMPARTE
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo)
- Facultade de Informática (UDC)
- Escola Técnica Superior de Enxeñería (USC)
TÍTULO CONXUNTO
Si
CENTRO RESPONSABLE
Facultade de Informática
Campus de Elviña
15071 A Coruña
COORDINADOR DA TITULACIÓN
José Carlos López Ardao (UVigo)
teleco.miot@uvigo.gal
OUTROS DATOS
- Rama de coñecemento:
Enxeñaría Eléctrica, Enxeñaría Electrónica e Enxeñaría de Telecomunicación - Habilita para profesión regulada:
Non - Nivel MECES:
3 - Modalidade de ensino:
Presencial - Número de prazas ofertadas:
40 (10 na Universidade de Vigo) - Linguas empregadas:
Castelán e galego - Especialidades:
É obrigatorio cursar unha especialidade de 15 ECTS, dos cales 12 ECTS son obrigatorios para a especialidade, incluíndo 3 ECTS de prácticas en empresa, e 3 ECTS son optativos. Ofrécense 3 especialidades:- IoT Industrial (IIoT)
- Sociedade 5.0
- Vehículo conectado
Para obter o título de MUIoT é necesario superar 60 créditos ECTS que se dividen en:
TIPO DE MATERIA | CRÉDITOS ECTS |
Obrigatorias (OB) | 39 |
Optativas (OP) | 151 |
Prácticas externas | 3 |
Traballo Fin de Mestrado | 6 |
Totais | 60 |
- Os 15 créditos ECTS optativos correspóndense cunha especialidade, e inclúen á súa vez os 3 créditos ECTS das prácticas externas, as cales son obrigatorias dentro de cada especialidade. ↩︎
Memoria vixente do título
O Real Decreto 861/2010 do 2 de xullo –que modifica o Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro– polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) a encargada de avaliar os plans de estudos dos títulos expedidos en Galicia.
Estes plans de estudos recóllense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións. Esa memoria coñécese como memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG.
No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:
- Alta inicial no RUCT: DD/MM/2024
Podes consultar a Memoria de Verificación de MUIoT actualmente vixente (dende o curso 2024-2025) facendo clic no botón