
Queres coñecer que portas profesionais se abren aos perfís de enxeñaría de telecomunicación? Queres coñecer as nosas instalacións? Queres saber que vantaxes terías estudando en TelecoVigo?
0 10 de abril de 2025 ás 16:30, terá lugar a III Xornada de Portas Abertas de TelecoVigo.
Inscríbete no seguinte formulario.
Queres ver como foron as anteriores xornadas?
A I Xornada de Portas Abertas de TelecoVigo celebrouse o xoves día 2 de marzo de 2023.

Esta Xornada de portas abertas de Teleco celebrouse conxuntamente coa maioría das escolas de Teleco de España e coa participación de Javier Ventura, Enxeñeiro de Teleco e director da Oficina Científica de Navegación por Satélite da Axencia Espacial Europea:
Mostramos as instalacións da EET (aularios, laboratorios, biblioteca, cafetería, …) e o traballo de docencia e investigación que se leva a cabo no noso centro.
Os participantes puideron experimentar, coa guía do equipo de docentes e investigadores/as da Escola, a potencialidade das tecnoloxías de telecomunicación nos nosos laboratorios de 5G, cámaras anecoicas, laboratorio de fotónica para comunicacións ópticas e cuánticas, experimentar con drons e coñecer a nosa ampla experiencia en satélites, entre outras sorpresas.
Os propios estudantes da EET acompañaron aos participantes no percorrido, para que poideran ter información de primeira man de chicos e chicas que fai nada estaban na súa mesma situación.
Calquera dúbida que teñas ou que che xurda, compártea! Escríbenos un correo a teleco.captacion@uvigo.es. Estaremos encantados de resolvela.
A II Xornada de Portas Abertas de Teleco Vigo celebrouse o xoves día 11 de abril de 2024.

Tras dar a benvida aos asistentes, realizouse unha conexión vía zoom co resto de Escolas de Teleco de España participantes, con intervención de:
- Javier Jiménez Leube, Vicerreitor de Comunicación e Relacións Institucionais da UPM.
- Marta Balenciaga Arrieta, Decana-Presidente do COIT.
- Manuel Sierra Castañer, Director da ETSIT-UPM.
Despois, procedeuse á presentación da iniciativa TelecoRenta e á proxección dun vídeo de todas as escolas e universidades.
A continuación, os asistentes realizaron unha visita ás instalacións da EET, durante a que, entre outras, coñeceron:
- a cámara semianecoica de acústica
- o laboratorio de medidas radioeléctricas (sala anecoica de electromagnetismo)
- o laboratorio 5G
- o laboratorio do CES UVigo
- o laboratorio de UVigo SpaceLab