Os organos de goberno son estruturas do centro que teñen a función de organizar e xestionar a docencia, propor novas titulacións, participar na selección do PDI, realizar actividades de colaboración con entidades púbicas ou privadas, organizar relacións entre departamentos e con outros centros, administrar servizos e equipamentos así como a asignación orzamentaria, xestionar un sistema de garantía de calidade, promover unha contorna igualitaria e libre de calquera tipo de acoso ou violencia etc.
A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación conta cos seguintes órganos de goberno:
Xunta de Escola (XdE)
É o órgano colexiado de representación e de decisión do centro, coas competencias que lle son atribuídas polos Estatutos da Universidade de Vigo e polo Regulamento de Réxime Interno da Escola.
Está composta polo/a director/a, que a preside, e por un conxunto de persoas adscritas ao centro:
- O equipo directivo.
- Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que constituirá o 51% da Xunta da Escola.
- Unha representación (elixida por votación) do persoal docente e investigador sen vinculación permanente á Universidade, que corresponderá ao 9% da Xunta da Escola. En calquera caso, polo menos o 80% corresponderá ao persoal docente e investigador con dedicación a tempo completo.
- Unha representación (elixida por votación) do estudantado, que constituirá o 30% da Xunta da Escola
- Unha representación (elixida por votación) do persoal de administración e servizos, que constituirá o 10% da Xunta da Escola.
O conxunto de persoas que formen parte da Xunta da Escola polo sistema de elección renóvanse cada dous anos.
Última convocatoria da XdE
Acordos da XdE
2024 | 2023 | 2022 | 2021 | 2020 | 2019 | 2018
Competencias
- A elaboración, aprobación e modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno.
- A elección e revogación do/a Director/a.
- A implantación e seguimento dos plans de estudos.
- O coidado do bo funcionamento de todos os órganos e servizos do centro.
- A resolución de conflitos que se poidan producir no centro.
- A promoción e ordenamento da realización de Traballos de Fin de Grao e Traballos de Fin de Máster, e de ensinanzas e actividades complementarias esixidas para obter os títulos.
- A proposición e aplicación das normas de selección de estudantes e a valoración do seu rendemento e aproveitamento.
- A preparación e coordinación, de modo eficaz e adecuado, do horario das distintas materias, cursos monográficos, cursos de especialización, probas parciais e finais, distribución de aulas e servizos e ensinanzas complementarias, así como a habilitación de medidas de control do cumprimento das obrigacións docentes.
- A distribución dos espazos que lle sexan asignados.
Comisión de Calidade (CC)
É un órgano colexiado que supervisa e promove os diferentes sistemas e procesos vinculados á calidade (SGC, seguimento dos programas ligados a mellora da calidade no centro e titulacións adscritas…). A Comisión de Calidade deberá ter unha composición equilibrada entre mulleres e homes e estará integrada, polo menos, polos seguintes membros:
Máis información na presentación do Sistema de Garantía de Calidad
- Subdirector/a de Calidade, que a preside.
- Director/a do centro.
- Secretario/a do centro, que actúa como secretario/a da Comisión.
- Coordinador/a ou persoa en quen delegue de cada unha das titulacións de grao do centro.
- Coordinador/a ou persoa en quen delegue de cada unha das titulacións de mestrado do centro.
- Enlace de igualdade e PIUNE.
- Coordinador do PAT.
- Representantes das direccións dos departamentos DTSC, DET, DTE e DMA-II.
- Unha persoa representante do profesorado.
- Unha persoa representante do estudantado de grao.
- Unha persoa representante do estudantado de mestrado.
- Unha persoa representante do estudantado egresado.
- Administrador/a do centro ou persoa en quen delegue.
- Unha persoa representante da sociedade.
Última convocatoria da CC
Acordos da CC
2024 | 2023 | 2022 | 2021 | 2020 | 2019 | 2018
Competencias
- Debater e validar, se procede, a proposta da política e os obxectivos de calidade.
- Debater e validar, se procede, a proposta do manual de calidade e os procedementos do SGC do centro.
- Realizar o seguimento dos distintos programas ligados á mellora da calidade no centro e titulacións adscritas, así como propoñer as melloras pertinentes.
- Colaborar coa implantación, desenvolvemento e seguimento do SGC.
- Debater, propoñer e realizar o seguimento das accións de mellora de calidade, co fin de potenciar continuamente a calidade da docencia en todos os medios e procesos que nela inflúen, mediante unha colaboración constante cos departamentos e outros órganos colexiados que teñan responsabilidades neste ámbito.
- Participar activamente en todos os procesos académicos relativos á oferta formativa do centro (novas titulacións, modificación, suspensión ou extinción das existentes), elaborando un informe valorativo se o consideran oportuno ou é procedente de acordo coa normativa vixente.
- Intercambiar, debater e propoñer a participación do centro en plans institucionais, nacionais e internacionais en materia de calidade.
Comisións Académicas
As comisións académicas ocúpanse, entre outras competencias, de garantir a adecuada coordinación entre os módulos/materias dunha titulación. Existe unha comisión académica por cada unha das titulacións de Grao e Máster asignadas a esta Escola. A composición destas comisións é regulada e aprobada pola Xunta de Escola, tendo en conta as normas recollidas na correspondente memoria de titulación.
Tarefas das Comisións:
- Vixiar o cumprimento da actividade docente e académica (horarios de clases e titorías, elaboración e aprobación das guías docentes das materias) e velar pola dispoñibilidade de espazos (aulas, laboratorios, equipos de vídeo conferencia, etc.), en coordinación co Centro.
- Seleccionar os/as estudantes admitidos/as na titulación.
- Emitir informe para o recoñecemento de créditos conforme á normativa da Universidade de Vigo.
- Elaborar o POD/PDA da titulación no prazo establecido pola Universidade.
- Análise das distintas propostas de mellora.
- Establecer criterios básicos de avaliación.
- Organizar actividades conxuntas que afecten a máis dunha materia.
- Xestionar e informar sobre as validacións das materias para o estudantado procedente doutras titulacións.
- Elaboración da normativa do Traballo Fin de Grao (TFG) ou Traballo Fin de Máster (TFM).
- Xestionar a realización de prácticas en empresas por parte dos/as estudantes.
- Xestionar todos os asuntos relacionados con dobres titulacións.
- Todas aquelas que estableza e aprobe a Xunta de Escola
Listaxe de comisións
CAG – CA Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT)
Acordos da CAG:
2024 | 2023 | 2022 | 2021 | 2020 | 2019 | 2018
CAM – CA Máster en Enxeñaría de Telecomunicación (MET)
Acordos da CAM:
2024 | 2023 | 2022 | 2021 | 2020 | 2019 | 2018
CA Máster Interuniversitario en Ciberseguridade (MUniCS)
Mestrado interuniversitario entre a Universidade de Vigo (entidade coordinadora) e a Universidade da Coruña.
Última convocatoria da CA-MUniCS
Acordos da CA-MUniCS:
2023 | 2022 | 2021 | 2020 | 2019 | 2018
CA Máster en Matemática Industrial (M2I)
Mestrado interuniversitario entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, a Universidad Carlos III de Madrid e a Universidad Politécnica de Madrid. Este mestrado traballa cunha comisión interuniversitaria.
- Persoa de contacto: José Durany Castrillo
CA Máster Internacional en Visión por Computador (IMCV)
Mestrado interuniversitario entre a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade da Coruña, a Universidade de Vigo, e a Universidade de Porto. Este mestrado traballa cunha comisión interuniversitaria.
- Persoa de contacto: José Luis Alba Castro
CA Programa de Doutoramento en Tecnoloxías da Información e as comunicacións (Doc-TIC)
O programa de doutoramento do centro está rexido por unha comisión académica representativa das diferentes liñas de investigación.
- Persoa de contacto: Manuel García Sánchez
Comisión Permanente
A función da Comisión Permanente é a de preparar as decisións da Xunta de Escola a través do estudo e informes previos dos asuntos correspondentes aos seus ámbitos de competencia. As normas de funcionamento desta comisión son as mesmas cas especificadas para a Xunta de Escola.
Os informes emitidos por esta comisión non terán carácter vinculante respecto das decisións da Xunta de Escola.
Serán tamén competencias desta comisión informar ou elaborar propostas sobre os asuntos do seu ámbito que lle presente o/a Director/a ou a propia Xunta de Escola.