Acto de acollida ao novo estudantado curso 2024-2025

O luns 8 de setembro, celebramos o acto de benvida ao novo alumnado que comeza 1º do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT), do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE), e do Programa Académico con Recorrido Sucesivo (PARS).

Neste acto, patrocinado pola Cátedra Indra-UVigo, a directora da Escola, Rebeca Díaz Redondo, a coordinadora do Grao (Lucía Costas Pérez), o Subdirector de Organización Académica (Pedro Comesaña Alfaro) e a subdirectora de Calidade (Ana María Cao Paz) compartiron co novo estudantado a información sobre como será o seu día a día na Escola.

Tras a presentación, os e as estudantes percorreron as nosas instalacións facendo unha xincana que lles axudou a coñecer mellor as instalacións da Escola. Parabéns aos gañadores, que obtiveron os cobizados suadoiros deseñados por Davila.