No estudo Galicia 2030: Perfís profesionais de futuro e novas titulacións e especialidades universitaria, realizado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia en colaboración con FEUGA, destácase que todos os sectores consultados, entre os cales se achan sectores estratéxicos de Galicia como a automoción, enerxía, o sector naval, a saúde ou o sector téxtil, consideran prioritaria a Internet das Cousas e apostan por un incremento da demanda dun perfil profesional de experto en IoT.
O Máster Universitario na Internet das Cousas, proposto de forma conxunta polas 3 universidades públicas galegas, e considerado estratéxico pola Xunta de Galicia, ofrece un nivel de especialización no ámbito IoT que non existe actualmente no Sistema Universitario de Galicia (SUG).
O máster ten 60 ECTS divididos de forma modular en catro bimestres, con tres especialidades (IIoT, Sociedade 5.0 e Vehículo conectado).
Por que estudar a titulación?
Á demanda crecente da tecnoloxía IoT e de expertos nela, súmanse outras características sumamente importantes que fan que a formación ofrecida neste Máster resulte enormemente atractiva:
- Interdisciplinariedade A IoT é unha disciplina tecnolóxica que combina coñecementos de redes de computadores, programación, electrónica, análise de datos, intelixencia artificial e ciberseguridade, entre outros. Isto permite aos alumnos adquirir unha formación integral e versátil, aplicable en múltiples sectores.
- Innovación e Emprendemento: A IoT é un campo en constante innovación. Estudar un máster nesta área brinda a oportunidade de estar á vangarda dos avances tecnolóxicos e, potencialmente, de desenvolver proxectos e solucións innovadoras. Ademais, é un ámbito fértil para o emprendemento tecnolóxico, dado o amplo abanico de aplicacións e a constante necesidade de novas solucións.
- Impacto Social e Económico: A IoT ten o potencial de transformar diversas industrias, polo que os profesionais en IoT teñen a oportunidade de traballar en proxectos sumamente interesantes polo potencial impacto positivo que poden ter na sociedade e na calidade de vida das persoas.
En resumo, estudar este máster en IoT non só prepara aos alumnos para unha das áreas máis dinámicas e prometedoras da tecnoloxía moderna, senón que tamén lles brinda a oportunidade de ser axentes de cambio nun mundo cada vez máis interconectado e dependente da tecnoloxía.