A enxeñeira de telecomunicación Anna Carreiras leva case toda a súa vida dedicada á creación con computadores, concretamente á arte xenerativa, isto é a creación de obras únicas utilizando un algoritmo creado polo artista. Ana dedicábase a dar clases de programación creativa a deseñadores e exhibir o seu traballo en museos, ata que en 2021 a irrupción dos NFT (non funxible token, en inglés) no sector das galerías da internet, permitiulle dar un gran salto no mundo da arte dixital, e expoñer as súas creacións en Feral File e Art Blocks, as principais galerías da internet. Gañou moito diñeiro co seu proxecto de arte xenerativa Trossets.
Para crear as súas obras utiliza unha linguaxe chamada Processing, creada en 2001 polo artista dixital estadounidense Casey Reas. Non se usan pinceis, senón que o artista crea e programa un algoritmo e o computador debúxao por el.
Ana Carreiras quería estudar Belas Artes, pero a súa nai insistiulle en que primeiro fixese unha carreira que lle permitise “gañarse a vida” e ela elixiu Enxeñería de Telecomunicación. Isto non cambiou o feito de que seguise interesada nas aplicacións artísticas ou educativas desta enxeñería.
O próximo proxecto de Ana será fabricar unha pantalla que lle permita gozar da arte dixital desde a súa casa, xa que o que atopa, nestes momentos, no mercado non lle convence… “Collerei unha pantalla e a tunearei. Detrás poñerei algo para decidir que obra vexo en cada momento”, di. É a vantaxe que ten ser artista e ademais Enxeñeira de Telecomunicación.
Entrevista completa en EL PAÍS.