
STEMbach ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias clave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática) sempre desde unha perspectiva ampla, non circunscrita a estas materias, senón transversal e en colaboración cos diversos sectores e axentes sociais.
Nun caso, o do Colexio Miralba de Vigo, fíxose, baixo a supervisión de docentes da Escola, un proxecto no ámbito da seguridade e privacidade das comunicación. Concretamente os rapaces fixeron un “Estudo de ameazas informáticas nos centros educativos.

Noutra destas iniciativas, no 1º curso de Bacharelato do Alumnos de 1º de Bacharelato do IES María Soliño de Cangas que cursan o STEMbach van a desenvolver un proxecto de Internet das Cousas (IoT), baixo a dirección do PDI da EET Juan José López. Tamén fixeron unha visita ás nosas instalacións dentro da programación das actividades formativas
STEMbach está pensado tanto para as modalidades de ciencias e tecnoloxía como para as humanidades, as ciencias sociais e as artes e pretende promover as vocacións do alumnado nestes ámbitos mediante a investigación científica e tecnolóxica e permite unha conexión directa co ensino universitario para o fomento do coñecemento.