Nesta data publicouse o primeiro número de “La Tarima de Teleco”, revista promovida pola DAAT. Tiña como obxectivos a información ao estudantado e a reivindicación dos seus dereitos. Os números incluían un apartado de humor, baseado na súa maioría na vida na Escola e nas aulas, sendo o número do San Teleco (B.S.) un dos máis elaborados, polos seus debuxos conmemorativos.
Os exemplares imprimíanse en branco e negro, e non foi ata novembro de 1995 cando saiu a primeira portada a cor.