Charla: "Unha mirada cara á diversidade: que podo achegar como docente universitario?"

Abrir

A vicerreitoría de extensión universitaria e área de diversidade organizan unha charla nos tres campus co obxectivo de ofrecer ao profesorado unha aproximación xenérica á sensibilización e adaptación ás circunstancias implícitas na diversidade do alumnado  da Universidade de Vigo, así como unhas pautas xenéricas de actuación. Será gravada e estará dispoñible en aberto.

Esta actividade co título Unha mirada cara á diversidade: que podo achegar como docente universitario? terá lugar nas seguintes datas:

  • Campus de Pontevedra : 31 de outubro, de 13.30 a 15.30 no Salón de Actos da Escola de Enxeñaría Forestal.
  • Campus de Vigo: 12 de novembro, de 13.30 a 15.30, na Sala 1 do Edificio Miralles.
  • Campus de Ourense: 21 de novembro, de 13.30 a 15.30, na Sala Emilia Pardo Bazán, do Edificio de Ferro.

Animamos ao profesorado a que asistan e expoñan as súas dúbidas

A charla do 12 de novembro será transmitida en directo en acceso libre no seguinte enlace: https://tv.uvigo.es/directo1 e gravada para a súa posterior consulta.