Este máster outorga todas as atribucións para exercer unha profesión –enxeñeiro e enxeñeira de telecomunicación– que, segundo a enquisa de inserción laboral de titulados universitarios do INE do 2020, ten 93,6 % de taxa de empregabilidade, cifra á que se chega grazas a que as tecnoloxías de telecomunicación son fundamentais para o funcionamento de calquera negocio, empresa ou institución.

O MET ten como obxectivo formar profesionais á vangarda dos coñecementos tecnolóxicos e competencias profesionais que sustentan a sociedade interconectada e dixitalizada, como as tecnoloxías telemáticas, os sistemas electrónicos, o procesamento de son e imaxe e os sistemas de telecomunicación. A formación ofertada neste mestrado profundiza nos conceptos tratados na titulación Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, ofrecendo unha formación sólida e versátil que dota ás persoas egresadas dunha elevada capacidade de adaptación a un sector en continua evolución.
O MET habilita para o exercicio da profesión regulada de Enxeñería de Telecomunicación. Estas profesións son aquelas nas que, para o seu exercicio, hai que cumprir unha condición especial que, xeralmente, é estar en posesión dun determinado título académico. A nosa profesión ten competencias legais específicas e conta cun Colexio Profesional.
As novas aplicacións tecnolóxicas como as Smart Cities, IoT (Internet of Things), a industria 4.0, a análise de datos e Big Data ou a intelixencia artificial (AI) permite aplicar as teconoloxías e servizos de tecomunicación de forma transversal en todos os campos e áreas do mundo comercial e empresarial, así coma na administración pública.
O Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación forma a unha persoa profesional, esperta no deseño, análise, implementación, explotación e a xestión de compoñentes e procesos no ámbito das TIC. Ademáis da formación tecnolóxica, este programa tamén forma ao estudantado na xestión de proxectos e outras competencias transversais. Dentro destas últimas destaca o uso do inglés como idioma de traballo en equipos multidisciplinares, dado que entre un 25% e un 50% da docencia e traballos en grupo fanse neste idioma.
Polo tanto, as persoas tituladas con este mestrado gozan de alta demanda no mundo empresarial e son recoñecidas internacionalmente. Os egresados e egresadas gozan de alta inserción laboral, con alta dedicación a labores técnicas axustadas á súa formación.
Entre as características propias da titulación, contamos con:
- un programa de orientación ao emprego (orientaTE) que facilita o acceso ao mercado laboral nunha titulación na que o paro é testemuñal;
- múltiples actividades que permiten ao estudantado desenvolver habilidades sociais á par que asentan os coñecementos técnicos.
Perfil de ingreso
De acordo coa Orde CIN/355/2009:
- Poderá acceder ao mestrado que habilita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro de Telecomunicación, quen adquirise previamente as competencias que se recollen no apartado 3 da Orde Ministerial pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación e a súa formación estar de acordo con a que se establece no apartado 5 da antes citada Orde Ministerial.
- Así mesmo, permitirase o acceso ao mestrado cando, o título de grao do interesado, acredite cursar o módulo de formación básica e o módulo común á rama, aínda non cubrindo un bloque completo do módulo de tecnoloxía específica e si 48 créditos dos ofertados no conxunto dos bloques do devandito módulo dun título de grao que habilite para o exercicio de Enxeñeiro Técnico de Telecomunicación, de acordo con a referida Orde Ministerial.
- Igualmente, poderán acceder a este mestrado quen estea en posesión de calquera título de grao sen prexuízo de que neste caso establézanse os complementos de formación previa que se estimen necesarios.
Dende o punto de vista das habilidades e aptitudes persoais, o estudantado debe ter:
- Capacidade de estudo e vontade de traballo.
- Capacidade de abstracción.
- Capacidade de síntese e análise.
- Capacidade de innovar e capacidade creativa.
- Capacidade de relación e comunicación.
- Habilidades sociais básicas para o traballo en equipo
- Curiosidade e mentalidade aberta.
- Facilidade para adaptarse aos cambios tecnolóxicos.
- Interese polas novas tecnoloxías da información.
Saídas profesionais
O mestrado de Enxeñaría de Telecomunicación capacita para o exercicio da profesión de Enxeñeiro e enxeñeira de telecomunicación, que actualmente ten cotas de plena ocupación, sendo o perfil das persoas profesionais uns dos máis demandados no ámbito tecnolóxico e con máis perspectivas de futuro.
Os egresados e egresadas son quen de analizar, deseñar, implementar, explotar e xestionar sistemas, redes, servizos, equipos, compoñentes ou procesos dentro do ámbito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC). Desenvolverán cargos técnicos e directivos en empresas do ámbito da electrónica e as telecomunicacións:
- Operadoras de telecomunicación (radio, televisión, telefonía, internet etc.)
- Empresas de desenvolvemento de equipos e tecnoloxía de telecomunicacións.
- Empresas do sector da enxeñaría electrónica.
- Empresas do sector da enxeñaría de comunicación de datos.
- Empresas do sector da enxeñaría audiovisual.
- Deseño de redes de comunicación.
- Consultoría de empresas de TIC.
- Deseño de aplicacións de software e multimedia.
- Empresas de sectores afíns:
- Enerxía.
- Saúde.
- Seguridade e defensa.
- Automoción.
- Transporte terrestre, aeroespacial e marítimo.
- Banca e sector financeiro.
- Automática e Robótica.
- Cidades intelixentes.
- IoT (Internet das Cousas / Internet of Things).
- Domótica e inmótica.
- Cadea de bloques (blockchain).
- Industria 4.0.
- Macrodatos (big data).
- Bioenxeñería.
- Aplicacions espaciais e satélites.
- Exercicio libre da profesión (proxectos, peritacións, instalacións etc.)
Cabe lembrar que os sistemas de información están presentes en TODAS as áreas de actividade.