Pódese acceder ao máster estando en posesión dun título universitario expedido polo Estado español ou outro equivalente outorgado por calquera Estado membro do EEES que faculte para o acceso a ensinos de mestrado.
Tamén pode acceder quen posúa un título estranxeiro expedido por unha institución de educación superior dun país alleo ao EEES, sempre que ese título fose homologado a un título español que habilite para acceder aos estudos de máster ou que, sen estar homologado, fose comprobado como equivalente ao nivel de formación dos estudos de grao en España e que faculte, no seu país de orixe, para o acceso aos estudos de mestrado. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que estea en posesión o interesado, nin o seu recoñecemento a outros efectos que de cursar os ensinos de máster.
Perfil de ingreso recomendado
Este Máster está orientado principalmente a persoas tituladas no ámbito das tecnoloxías da información e das comunicacións, ademais de profesionais que xa traballasen neste campo e busquen especializarse en ciberseguridade. Son así mesmo admisibles candidatos e candidatas con formación STEM (Science, Technology, Engineering, Mathematics) non específica en tecnoloxías da información e das comunicacións. Dende o punto de vista dos coñecementos, as habilidades e as aptitudes persoais, o perfil de ingreso recomendado para o Máster Universitario en Ciberseguridade consiste en:
- Sólida formación científica e técnica básica: coñecementos de informática e matemáticas.
- Capacidade de estudo e vontade de traballo.
- Capacidade para a abstracción, o razoamento analítico e o espírito crítico.
- Capacidade de síntese e análise.
- Habilidade para a comunicación oral e escrita.
- Interese amplo polas tecnoloxías da información e das comunicacións.
- Capacidade para a aprendizaxe autónoma e interese pola actualización de coñecementos.
- Capacidade para traballar en situacións de escaseza de información e baixo presión, tendo capacidade de innovación, creatividade e xeración de novas ideas.
- Capacidade para traballar de forma colaborativa, integrándose en equipos, organizando, planificando, tomando decisións, negociando e resolvendo conflitos, relacionándose, criticando e facendo autocrítica.
É altamente recomendable, aínda que non esixible, un nivel de idioma B2 en inglés. Para o alumnado admitido que non posúa ou non poida acreditar un nivel de inglés equivalente a B2, as universidades ofrecen formación complementaria no idioma a través dos seus Centros de Linguas, que contan coa potestade de expedir as acreditacións necesarias (ACLES), de xeito que poidan seguir con aproveitamento as materias do plan de estudos que se impartan parcial ou totalmente en inglés. A formación do Centro de Linguas estará tamén ao dispor do estudantado que desexe realizar o traballo de fin de mestrado en inglés, ao que se lle exixirá unha certificación de nivel B2 neste idioma .
Requisitos de acceso comúns
Están recollido no Real Decreto 1393/2007, que establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, para acceder aos ensinos oficiais de Máster Universitario.
Criterios de admisión
Os criterios específicos de admisión ao Máster serán, por orde de prevalencia, a titulación de acceso dos solicitantes, o expediente académico e a experiencia profesional. Terán preferencia na admisión quen posúa un título de grao relacionado directamente coas tecnoloxías da información e as comunicacións por calquera universidade do EEES, seguidos por quen posúa un título de grao en disciplinas científicas básicas (Matemáticas, Física ou estudos afíns), e estes terán preferencia sobre calquera outro título académico. A experiencia profesional previa no ámbito da seguridade informática poderá ser utilizada pola comisión Académica do Máster como criterio adicional para decidir as admisións, así como tamén, se o considera necesario, a entrevista persoal coas persoas solicitantes para calibrar debidamente a súa aptitude e motivación. Non se establecen complementos formativos de ningunha clase para as persoas que non se adecúen significativamente aos criterios de admisión anteriores. O baremo de puntuación para a admisión é o seguinte:
- Estudos de acceso e expediente académico: 7 puntos
- Outros: 3 puntos
- Experiencia profesional: 0 a 2 puntos
- Motivación, interese, entrevista persoal: 1 a 2 puntos
As titulacións de acceso ordenaranse segundo a seguinte prelación:
- Máster Universitario en Informática e Máster Universitario en Enxeñería de Telecomunicación ou os seus equivalentes LRU (Enxeñería de Telecomunicación e Licenciatura ou Enxeñería en Informática).
- Grao en Enxeñería Informática e Grao con atribucións profesionais en Enxeñería Técnica de Telecomunicación, na rama Telemática, ou os seus equivalentes LRU.
- Grao con atribucións profesionais en Enxeñería Técnica de Telecomunicación, noutras ramas e graos “brancos” en Telecomunicación ou os seus equivalentes LRU.
- Outras titulacións de Enxeñería, Matemáticas ou Física.
- Outras titulacións en función da decisión da Comisión Académica do Máster en Ciberseguridade (CAMC)
Solicitude de admisión
A inscrición en MUniCS realizarase no portal de auto-matrícula das Universidades participantes (Universidade de Vigo – matricula.uvigo.es e a Universidade da Coruña – matricula.udc.es-preinscrición en liña) durante o mes de Xuño. O proceso de admisión realizarase de forma separada en cada unha das dúas sedes, a partir dos candidatos rexistrados en cada unha delas, para cubrir unha oferta de 20 prazas por sede.
Tes mais información en:
Procedementos de acollida e orientación no ingreso
No apartado “Acollida de novo estudantado e orientación ao ingreso” en “Deseña o teu futuro con nós de BeTeleco tés información de interese para a túa nova etapa con nós.
Regulamento e normativa aplicable
Se queres coñecer en detalle a normativa e regulamentos relacionados cos estudos na UVIGO podes consultala aquí.
Tamén destacamos os seguintes enlaces:
- Información xeral sobre a matrícula
- Información sobre a matrícula en másteres
- Recoñecemento e transferencia de créditos (másteres universitarios oficiais)
- Regulamento de Estudios de Posgrao
- Normativa de permanencia e progreso nas titulacións oficiais de grao e de máster
- Prácticas externas
- Norma xeral de traballos de fin de máster
- Movilidade
Se accedes por primeira vez a estudos de posgrao, atoparás toda a información que precisas na Guía práctica para estudantes de novo acceso a estudos de posgrao.
Se es estudante estranxeiro/a, atoparás a información necesaria para acceder aos estudos de posgrao na Universidade de Vigo na Guía para o estudantado estranxeiro (en español).