DENOMINACIÓN DO TÍTULO
Máster Universitario en Realidade Estendida (masterXR)
NÚMERO DE CRÉDITOS
90 ECTS
UNIVERSIDADES PARTICIPANTES
Universidade da Coruña (Coordinadora) e Universidade de Vigo.
CENTRO/S ONDE SE IMPARTE
- Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo)
- Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (UDC)
TÍTULO CONXUNTO
Si
CENTRO RESPONSABLE
Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol
Campus de Esteiro, r/ Mendizábal s/n
15403 Ferrol
España
COORDINADOR DA TITULACIÓN
Antonio Pena Giménez (UVigo)
teleco.masterxr@uvigo.gal
OUTROS DATOS
- Rama de coñecemento:
Enxeñaría Informática e de Sistemas - Habilita para profesión regulada:
Non - Nivel MECES:
3 - Modalidade de ensino:
Semipresencial (híbrida). - Número de prazas ofertadas:
20 (10 na Universidade de Vigo) - Linguas empregadas:
Galego e castelán. - Especialidades:
O máster proposto consta de 90 ECTS, repartidos en 3 cuadrimestres de 30 ECTS.
Hai un total de 52,5 ECTS de carácter obrigatorio (OB), e o estudantado deberá elixir unha especialidade (22,5 ECTS) (OP, OB-E), entre as dúas dispoñibles.
É obrigatorio realizar prácticas externas (6 ECTS). Por último, debe desenvolverse e defenderse un Traballo Fin de Máster (9 ECTS).
Para obter o título de masterXR é necesario superar 90 créditos ECTS que se dividen en:
TIPO DE MATERIA | CRÉDITOS ECTS |
Obrigatorias (OB) | 52.5 |
Optativas (OP) | 22.5 |
Prácticas externas | 6 |
Traballo Fin de Mestrado | 9 |
Totais | 90 |
Memoria vixente do título
O Real Decreto 861/2010 do 2 de xullo –que modifica o Real Decreto 1393/2007 do 29 de outubro– polo que se establece a ordenación dos ensinos universitarios oficiais, recolle que os plans de estudos conducentes á obtención de títulos oficiais serán verificados polo Consello de Universidades, sendo a Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) a encargada de avaliar os plans de estudos dos títulos expedidos en Galicia.
Estes plans de estudos recóllense nunha memoria que o Ministerio de Educación pon ao dispor das universidades para a verificación dos títulos e as súas posibles modificacións. Esa memoria coñécese como memoria de verificación porque pertence ao programa Verificación da ACSUG.
No Rexistro Xeral de Universidades, Centros e Títulos (RUCT) pode consultarse a evolución da titulación con detalle. Algúns fitos importantes son:
- Alta inicial no RUCT: DD/MM/2024
Podes consultar a Memoria de Verificación de masterXR actualmente vixente (dende o curso 2025-2026) facendo clic no botón