A titulación conta con máis dun 50% de formación práctica, entre laboratorio e traballos en equipo. Á parte da formación tecnolóxica, trabállase a xestión proxectos e outras competencias transversais. A configuración temporal do plan de estudos facilita a mobilidade nacional e internacional no último curso ou a realización de prácticas en empresas.
As materias distribúense en catro cursos académicos, coas seguintes liñas xerais:
- As materias (todas elas menos dúas) configúranse cunha duración de 6 ECTS, agrupadas en materias e módulos.
- Cada cuadrimestre, a excepción do último (segundo cuadrimetre do cuarto curso académico), consta de 5 materias.
- O módulo de Formación Básica (FB), de 10 materias (60 ECTS), proporciona ao alumno as competencias básicas expresadas na Orde CIN/352/2009, e desenvólvese practicamente completo no primeiro curso académico, quedando dúas materias no primeiro cuadrimestre do segundo curso.
- O módulo de formación obrigatoria ou módulo de Telecomunicación (TE), de 12 materias (72 ECTS), desenvólvese maioritariamente no segundo curso, con dúas materias no primeiro curso e dúas materias no terceiro curso. Neste módulo o/a estudante adquire as competencias denominadas comúns de Telecomunicación na Orde CIN/352/2009, reforzadas por dúas materias obrigatorias adicionais.
- A maior parte do terceiro curso dedícase aos módulos de Perfil Tecnolóxico ou especialidades. O/a estudante debe optar por un dos catro módulos propostos. Cada un deles consta de 8 materias (48 ECTS) e desenvolve unha das tecnoloxías asociadas á profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación: Telemática (TEL), Sistemas Electrónicos (SE), Sistemas de Telecomunicación (ST), e Son e Imaxe (SI).
- Ao finalizar o terceiro curso o/a estudante alcanza todas as competencias que habilitan para a profesión dunha das ramas de Enxeñería Técnica de Telecomunicación, fóra das contidas no Traballo Fin de Grao (TFG). Isto facilita enormemente a mobilidade no último curso da titulación.
- O primeiro cuadrimestre do cuarto curso dedícase integramente a cursar materias optativas. Este cuadrimestre optativo facilita a mobilidade dos estudantes. En total, o estudante debe cursar 30 ECTSs en total en optatividade entre unha oferta que consiste en:
- As materias optativas ofertadas dentro da propia mención.
- O conxunto formado polas materias de terceiro curso das mencións que non cursou.
- As prácticas en empresas, que teñen tamén a consideración de optativas e que poden supoñer a convalidación de 6 ou 12 ECTS.
- Recoñecemento de créditos: a Universidade de Vigo recoñece ata 12 ECTS por idiomas aprendidos durante a etapa universitaria ou por distintos labores sociais, deportivos ou culturais.
- Mobilidade: Os créditos cursados noutras Universidades como resultado da mobilidade serán recoñecidos por optativos segundo decida a Comisión Académica e incorporados ao expediente do/a estudante. Para iso, incorpóranse cinco materias de 6 ECTS cada unha, chamadas Movilidad I a V.
- Finalmente, o último cuadrimestre da titulación consta dous módulos: Proxectos en Enxeñería (18 ECTS) e o módulo do Traballo Fin de Grao (12 ECTS).
Formación básica
(60 ECTS)
Formación obrigatoria
(90 ECTS)
Mención en Sistemas de Telecomunicacións
(48 ECTS)
Mención en Sistemas Electrónicos
(48 ECTS)
Mención en Telemática
(48 ECTS)
Mención en
Son e Imaxe
(48 ECTS)
Optatividade de Sistemas de Telecomunicacións
(30 ECTS)
Optatividade de Sistemas Electrónicos
(30 ECTS)
Optatividade de Telemática
(30 ECTS)
Optatividade de
Son e Imaxe
(30 ECTS)
Traballo de Fin de Grao
(12 ECTS)
Esta distribución de ECTS obrigatorios, obrigatorios de mención/tecnoloxía, e optativos, vese reflectida no seguinte cadro, en termos de materias e temporalidade.
Curso 1º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Matemáticas: Cálculo I | Matemáticas: Cálculo II |
Matemáticas: Álxebra Lineal | Matemáticas: Probabilidade Estatística |
Física: Fundamentos de Mecánica e Termodinámica | Informática: Arquitectura de Ordenadores |
Empresa: Fundamentos de Empresa | Física: Análise de Circuitos Lineais |
Programación I | Programación II |
Curso 2º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Física: Fundamentos de Electrónica | Tecnoloxía Electrónica |
Física: Campos e ondas | Transmisión electromagnética |
Electrónica Dixital | Técnicas de Transmisión e Recepción de Sinais |
Comunicación de Datos | Fundamentos de Son e Imaxe |
Procesado Dixital de Sinais | Redes de computadores |
Curso 3º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Servizos de Internet | Tecnoloxía IV |
Circuitos Electrónicos Programables | Tecnoloxía V |
Tecnoloxía I | Tecnoloxía VI |
Tecnoloxía II | Tecnoloxía VII |
Tecnoloxía III | Tecnoloxía VIII |
Curso 4º
CUADRIMESTRE 1 | CUADRIMESTRE 2 |
---|---|
Optativa I | Xestión e Dirección Tecnolóxica |
Optativa II | Laboratorio de Proxectos |
Optativa III | |
Optativa IV: Prácticas en empresas | Traballo Fin de Grao |
Optativa V: Prácticas en empresas |