O grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunciación consta de catro itinerarios que dan acceso á profesión regulada de Enxeñería Técnica de Telecomunicación nas súas diferentes especialidades: Sistemas de Telecomunicación, Son e Imaxe, Telemática e Sistemas Electrónicos.
Cada estudante debe cursar, polo menos, unha mención completa (48 ECTS, 8 materias), planificada para o terceiro curso académico. Adicionalmete –e planificadas para o cuarto curso académico– o estudantado pode escoller un total de 5 materias (30 ECTS) na súa especilización ou noutra.
Todas as materias que conforman as mencións son de carácter optativo polo que unha opción atractiva é cursar dous bloques de 48 ECTS (8 materias cada bloque) entre terceiro e cuarto curso, obtendo a titulación con dúas especializacións, cursando só 18 ECTS (3 materias) adicionais aos 240 do grao.
Mención en Sistemas de Telecomunicacións
(48 ECTS)
Mención en Sistemas Electrónicos
(48 ECTS)
Mención en Telemática
(48 ECTS)
Mención en
Son e Imaxe
(48 ECTS)
Optatividade de Sistemas de Telecomunicacións
(30 ECTS)
Optatividade de Sistemas Electrónicos
(30 ECTS)
Optatividade de Telemática
(30 ECTS)
Optatividade de
Son e Imaxe
(30 ECTS)
A titulación capacitará ás persoas tituladas para exercer a profesión regulada de Enxeñería Técnica de Telecomunicación, nunha especialidade en función do itinerario seguido.
Todos os egresados e egresadas desta titulación cumprirán os requisitos de acceso aos estudos de Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación establecidos na Orde CIN/352/2009 pola que se establecen os requisitos para a verificación dos títulos universitarios oficiais que habiliten para o exercicio da profesión de Enxeñaría Técnica de Telecomunicación.
Mención/especialidade en Sistemas de Telecomunicación (ST)
Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións relacionadas coas comunicacións móbiles, fibra óptica, sistemas de radio e televisión, comunicacións vía satélite, sistemas sen fíos, tratamento de imaxe etc.
COORDINA:
Carlos Mosquera Nartallo
mosquera@gts.uvigo.es
+34 986 812 677
As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:
- Circuitos de radiofrecuencia
- Sistemas de comunicacións por radio
- Tratamento de sinais multimedia
- Circuitos de microondas
- Xestión do espectro radioeléctrico
- Principios de comunicacións dixitais
- Infraestructuras ópticas de telecomunicación
- Redes e sistemas sen fíos
Mención/especialidade en Telemática (TEL)
Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións relacionadas cos servicios telemáticos e multimedia, big data, internet e outras redes de comunicacións, ciberseguridade, programación de apps para móbiles etc.
COORDINA:
Juan Manuel Santos Gago
juan.santos@det.uvigo.es
+34 986 813 476
As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:
- Sistemas operativos
- Arquitectura e tecnoloxía de redes
- Seguridade
- Programación concorrente e distribuida
- Teoría de redes e conmutación
- Redes multimedia
- Sistemas de información
- Arquitectura e servizos telemáticos
Mención/especialidade en Son e Imaxe (SI)
Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións na industria audiovisual, acústica, da información e das telecomunicacións e para realizar proxectos e deseños de enxeñería de telecomunicación, audiovisual e acústica.
COORDINA:
Fernando Martín Rodríguez
fmartin@uvigo.es
+34 986 812 151
As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:
- Fundamentos da enxeñaría acústica
- Vídeo e televisión
- Procesado de son
- Acústica arquitectónica
- Sistemas de audio interactivo
- Sistemas de imaxe
- Fundamentos do procesamento de imaxe
- Deseño de instalacións audiovisuais
Mención/especialidade en Sistemas Electrónicos (SE)
Con este perfil téñense as capacidades necesarias para asumir responsabilidades e funcións relacionadas co deseño electrónico, domótica e electromedicina, instrumentación, automoción, sistemas electrónicos de control, construción de máquinas de proceso xeral (computadores), almacenamento e transmisión de sinais e conversión de enerxías.
COORDINA:
Fernando Machado Domínguez
fmachado@uvigo.es
+34 986 812 093
As 8 materias que conforman os 48 ECTS da mención son as seguintes:
- Electrónica analóxica
- Sistemas electrónicos e de procesado do sinal
- Enxeñaría de equipos electrónicos
- Electrónica de potencia
- Instrumentación electrónica e sensores
- Deseño microelectrónico
- Sistemas electrónicos para comunicacións dixitais