O BTTE oferta os mesmos contidos e a mesma estrutura que o Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT) con pequenas diferencias.
Apenas difiren nas seguintes cuestións:
- no idioma de impartición, que é maioritariamente o inglés (máis do 80% das materias obrigatorias)
- no número de estudantes que poden entrar cada curso académico (20 máximo), polo tanto, a docencia impártese en grupos pequenos, sendo así case persoalizada
- que no teu certificado de estudos figurará o inglés como idioma de impartición naquelas materias onde se usa
É importante que teñas en conta que as seguintes materias hai que cursalas en inglés:
- 7 das 10 materias de 1º curso
- As 10 materias do 2º curso
- todas as materias do segundo cuadrimestre do 4º curso
Ademais, e dependendo da optatividade que elixas,:
- terás a posibilidade de cursar as 5 materias (todas) do primeiro cuadrimestre de 4º curso
- e 3 materias de 3º curso
Máis información sobre o BTTE
Podes atopar nas seguintes ligazóns outra información formal sobre os estudos.
- Descrición
- Que se aprende?
- Materias por curso e guías docentes
- Especialidades ou mencións
- Acceso e admisión
- Recoñecemento de créditos
Tamén cremos que é de interese que deas un repaso á sección BeTeleco!
Neste vídeo tes unha boa panorámica da nosa Escola: