O STEMbach ou Bacharelato de excelencia en Ciencias e Tecnoloxía, creado ao abeiro da Estratexia galega para a educación dixital, ten como obxectivo favorecer a adquisición das competencias clave para o século XXI, tanto as transversais, como as máis propiamente vinculadas ao ámbito STEM (ciencia, tecnoloxía, enxeñaría e matemática).
STEMbach promove a vocación do estudantado cara a investigación científica e tecnolóxica e permite ter unha conexión directa co ensino universitario para o fomento do coñecemento.
A EET oferta diversos proxectos de investigación en colaboración con centros de educación secundaria da comunidade autónoma de Galicia. Estes proxectos permiten ao estudantado do STEMBach desenvolver un proxecto relacionado con traballos de investigación e desenvolvemento tecnolóxico que fan docentes e investigadores da EET, favorecendo así a adquisición de competencias STEM e espertando o seu interese polas titulacións impartidas no Centro.
Queres coñecer os proxectos defendidos polo estudantado en bienios anteriores?
Debaixo tes a información dos proxectos titorizados por docentes e investigadores da EET en diferentes bienios:
Bienio 2019-2021
Bienio 2021-2023
Queres coñecer todos os proxectos propostos pola EET?
Nesta ligazón da UVigo podes atopar, organizados por bienios, todos os proxectos de investigación propostos pola EET.
STEMbach na EET
Contacta coa Subdirección de Difusión e Captación neste correo:
teleco.subdir.captacion@uvigo.gal