
Competición nacional
Na competición por equipos, os mellores proxectos pasaron directamente á competición nacional, celebrada entre o 21 e o 23 de maio de 2025. En cada categoría por equipos, déronse 4 premios e, na competición individual, entregaronse 3 premios.
3 dos premios nacionais por equipos foron para participantes clasificados en Teleco-Vigo
O día 3 de xullo de 2025, tivo lugar o acto de entrega de premios da competición nacional das Olimpíadas na sede da Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais. O evento estivo organizado polo Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (COITT) e a Asociación Española de Graduados e Ingenieros Técnicos de Telecomunicación (AEGITT), xunto coa Conferencia de Directores de Escuelas con Grados de Ingeniería en el Ámbito de Telecomunicación (CODIGAT), que aglutina a unha vintena de escolas universitarias como patrocinadoras e colaboradoras.
Nesta última fase das Olimpíadas os equipos presentaron e defenderon os seus proxectos ante un tribunal formado por docentes universitarios. O xurado destacou a creatividade e innovación dos proxectos presentados por cerca dun millar de estudantes inscritos.
A competición foi todo un éxito cumprindo con creces os seus propósitos.
Tres dos 12 equipos galardoados nesta fase final foron galegos e clasificáranse na fase local que acolleu a EET:
Na categoría de Bacharelato:
🏆 1º Premio para o equipo do IES Rosais 2, de Vigo:
Proxecto: Generador Hidroeléctric
Equipo: Alicia Montalvo Cendón, Xián Pena Puza e Nikolas Antón Cremades
Docente responsable: Víctor Gerardo Ronco García
Dotación: 500€ para o equipo e 500€ para o docente
🏆 4º Premio para o equipo do IES Isaac Díaz Pardo, de Sada – A Coruña:
Proxecto: Parque S.A.D.A.
Equipo: Luiz Fernando Araujo de Melo, Adrián Arnoso Bermúdez, Johanna Fiorella Barral Recalde, Montserrat Rodríguez Alfonsín e Ángel Rodríguez Naya
Docente responsable: Patricia Iglesias Noguerol
Dotación: 200€ para o equipo
Na categoría de FP de grado medio e superior:
🏆 1º Premio para o equipo do CIFP A Farixa, de Ourense:
Proxecto: EcoControl
Equipo: David Araújo González, Mario Caride Otero, Raúl Dos Ramos Álvarez, Juan Arturo Martín Capecchi, Luis Francisco Martínez Araya e Álex Tielas Espiñeira.
Docente responsable: Ricardo Ameijeiras Vázquez
Dotación: 500€ para o equipo e 500€ para o docente



Parabéns a todos os participantes e premiados!
Premiados
Podes ver todos os premiados no seguinte enlace:
Tes dúbidas?
Podes resolvelas en:
- Na web nacional das olimpiadas,
- revisando as bases da competición neste enlace,
- ou escríbenos directamente un correo a teleco.olimpiadas@uvigo.es
Entidades patrocinadoras da competición clasificatoria na UVIGO



