Se aínda non es estudante da EET…

A Escola de Enxañería de Telecomunicación leva a cabo varias iniciativas para informar e divulgar sobre as titulacións do centro tanto nos propios centros educativos pre-universitarios coma nas propias instalacións da EET.

Tés máis información en Imos ao teu centro e en Ven á EET.

Se acabas de facer a túa matrícula en 1º do grao para o curso 2024/25…

Antes de comezar

O 26 de agosto poñeremos á túa disposición o Curso 0, que é un pequeno programa voluntario de actividades pensadas para realizarse ao longo dunha semana, individualmente e desde casa antes do comezo do curso.

O teu primeiro día

O luns día 9 de setembro teremos unha sesión de benvida ás 9:00. Nela recibirás información sobre o día a día na Escola, os cursos de inglés (diferentes niveis) que o Centro de Linguas imparte na Escola, o Plan de Acción Titorial e outras actividades deseñadas para ti. A Delegación de Estudantado da EET participa nesta xornada, organizando algunhas actividades lúdicas para ti.

Ademais, ás 11:00 celebraremos unha xinkana que te axudará a coñecer a Escola e a algúns dos responsables de coordinar a docencia no grao, o que sen dúbida che resultará de utilidade.

A túa primeira semana

Ten en conta que durante a primeira semana teremos un horario especial para que poidas asistir ás distintas actividades do programa integraTE (como a xinkana do día 9). Tanto estes horarios, como os habituais do grao en galego-español e do grao en inglés, e os da semana do 9 ao 13 de decembro, os podes ver no apartado correspondente da web da Escola. É importante que te familiarices cos horarios para evitar perder algunha clase os primeiros días.

Os teus grupos de clase

A finais de agosto indicarémosche que grupo de teoría e que grupos de prácticas tes asignados para o primeiro cuadrimestre. No segundo cuadrimestre serás ti quen escolla os grupos que máis te conveñan, de entre aqueles nos que haxa prazas dispoñibles.

Acerca da organización da docencia en 1º curso

A docencia en 1º e 2º cursos organízase en 13 semanas, dedicándose a semana 14 (do 9 ao 13 de decembro) á recuperación de días festivos. En 1º curso as materias seguen 3 esquemas horarios distintos:

  • En Programación I e Programación II  terás 4 horas de teoría a primeira semana (repartidas en 2 bloques de 2 horas), e o resto de semanas 2 horas de teoría y 3 horas de prácticas (estas últimas divididas nunha sesión de 1 hora e outra de 2 horas, tal como se indica nos horarios).
  • En Cálculo-I e Álxebra terás 4 horas de teoría tódalas semanas e durante 11 semanas 1 hora de prácticas.
  • No resto de materias (Fundamentos de Mecánica e Termodinámica; Fundamentos de Empresa; Cálculo-II; Probabilidade e Estatística; Análise de Circuítos Lineais; Arquitectura de Ordenadores) terás 3 horas de teoría e 2 horas de prácticas cada semana.

As prácticas comezarán a segunda semana do cuadrimestre (no primeiro cuadrimestre, o 16 de setembro).

Se xa es estudante da EET…

Na EET asesoramos a todo o estudantado durante a súa estancia con  nós, tanto nas opcións laborais, coma nas opcións de continuidade de estudos. Para iso, temos o plan de centro orientaTE.

Non esquezas que non é todo estudar, que tamén tés a opción de unirte a asociacións de estudantado soportadas e co-financiadas pola EET. En especial, recomendamos que acudas á DAAT, a delegación de estudantado da EET.

Finalmente, a UVigo ten ferramentas e servizos para axudar ao estudantado en cada unha das etapas. Para mais información podes visitar o apartado Asesorámoste.

Máis información e outros casos

A UVigo ofrece información e orientación ao estudantado de novo ingreso na súa páxina web dentro dos seguintes apartados:

No apartado “Que Estudar: Graos” figura a información básica da oferta por curso académico dos títulos de Grao da Universidade de Vigo e no apartado “Que Estudar: Mestrados” figura a información básica da oferta por curso académico dos títulos de Máster da Universidade de Vigo. 

Ademais, unha vez que un/ha estudante accede á descrición dun grao ou dun mestrado, figura unha ligazón ao apartado “Matricula graos” ou  “Matrícula mestrados”, segundo corresponda, que contén información actualizada en relación ao procedemento administrativo de preinscrición e matrícula para o curso académico correspondente.

Estudantes internacionais

No apartado Estudantes Internacionais (International incoming students) atópase información practica para estudantes extranxeiros que desexen cursar estudos na Universidade de Vigo no marco dun programa de intercambio ou dun convenio de cooperación internacional, ou ben como estudantes visitantes estranxeiros, durante un cuadrimestre ou un curso académico completo. 

Estudantes con necesidades específicas de apoio educativo

A Universidade de Vigo proporciona o programa PIUNE (Programa de integración de universitarios con necesidades especificas de apoio educativo) xestionado pola UNATEN  (Unidade de atención ao estudantado con necesidades específicas de apoio educativo). Tés información sobre o soporte que ofrece a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación nesta ligazón

É importante saber que os/as estudantes deben inscribirse no PIUNE no momento no que formalicen a súa matricula nos estudos oficiais na Universidade de Vigo, aínda que existe a opción de facelo posteriormente.