A biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación constitúe un dos puntos de servizo da Biblioteca Universitaria de Vigo, integrada no Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia. Todas as persoas que forman a comunidade universitaria poden facer uso dela.

Tematicamente, os seus fondos de libros, revistas, vídeos, casetes, CDROMs, etc., cobren as necesidades de información na docencia e investigación da Enxeñería de Telecomunicación, e seguen unha clasificación temática segundo a “Nomenclatura Internacional da Unesco para os campos de ciencia tecnoloxía”. A maioría dos libros están en andéis de libre acceso, excepto os menos consultados, que se atopan no depósito. As revistas están colocadas por número de publicación no depósito. Os vídeos, casetes, CD-ROMs, etc. deben ser solicitados no mostrador de préstamo.

A Biblioteca dispón de dous postos de consulta do catálogo, dous postos de navegación por internet e 236 postos de lectura. Tamén dispón de nove salas de traballo en grupo para profesorado e alumnado, que é preciso reservar previamente.

Outras informacións

Horario

De luns a venres, de 08.30 h. a 20.45 h.
En xullo, agosto, e vacacións de Nadal, redúcese o horario.

Contacto

Biblioteca da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación 
Rúa Maxwell s/n. Campus Universitario Lagoas – Marcosende
36310 Vigo
Teléfono: +34 986 812 105 | Correo (email): prestel@uvigo.es