A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación está baixo o paraugas do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Universidade de Vigo e dos seus plans e normas que velan pola prevención, eliminación e minimización dos riscos que poidan existir no desenvolvemento das diferentes actividades na universidade. En calquera caso, aquí hai algunhas informacións e consellos.

Vixilancia da saúde

Recoñecemento médico

O persoal da Universidade de Vigo pode solicitar cita [guía para cita online, PDF 352KB] para o recoñecemento médico periódico no prazo que se anuncia, cando corresponda, no Portal de avisos para cada centro de traballo.

Se por algún motivo non podes solicitala debes poñerte en contacto co Servizo de Prevención:
Teléfono: +34 986 814 088
Correo: sprlformacionesaude@uvigo.gal

Consellos do Servizo de Prevención

Que facer en caso de accidente de traballo?

En caso de urxencia ou se o accidente é grave hai que acudir ao centro sanitario máis próximo e, en canto sexa posible, comunicar a situación ao Servizo de Prevención de Riscos Laborais.

No resto dos casos:

  • Persoal traballador acollido ao réxime xeral da Seguridade Social.
    Debe acudir ao centro asistencial máis próximo pertencente á mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais Fremap co seu DNI e o volante de solicitude de asistencia [PDF, 655KB] cuberto.

    FREMAP
    https://www.fremap.es

    Teléfonos:
    Asistencia 24 horas: 900 610 061 
    Fóra de España: +34 91 919 61 61

    Enderezo:
    Pizarro nº 16. Vigo
    Tel. 986 430 788

    Horario:
    De luns a xoves de 8.00 a 20.00 horas
    Venres de 8.00 a 15.00 horas

    Centro Hospitalario
    Poeta Feliciano Rolán, s/n, Miradoiro do Castro
    Servizo permanente 24 horas
    Tel. 986 413 033 / 986 413 299 / 986 413 499
  • Persoal acollido a Muface.
    Debe acudir ao centro hospitalario que lle corresponda pola súa pertenza ao INSS ou á entidade médica libre que elixa. 

En todos os casos de accidente de traballo, este débese notificar ao Servicio de Prevención mediante o envío do formulario de notificación interna de accidente [DOC, 213KB].

En caso de dúbida, consultar no Servizo de Prevención.

Que facer se estou embarazada?

Debes comunicarllo ao Servicio de Prevención mediante o formulario de comunicación de embarazo [PDF, 53KB].

Información dos riscos para a traballadora docente de aula e despacho durante o embarazo ou lactación [PDF, 1MB].