O Plan de Acción Titorial (PAT-ANEAE) da EET consta de dous programas: integraTE, para a acollida e integración do estudiantado de primeiro curso, e orientaTE, para complementar os estudos universitarios con actividades formativas complementarias. Tamén cubre a atención a estudantes con necesidades específicas e apoio educativo (PIUNE).
OrientaTE ofrece obradoiros, charlas, visitas a empresas, formación en competencias transversais etc. Xunto co integraTE, os dous programas poden axudar ao alumnado do centro a orientarse cara a actividade profesional.
Calendario de actividades para o curso 2024/25.
O calendario tentativo de xuntanzas do programa integraTE para o curso 2024-25 é o seguinte (calqueira modificación será notificada a través desta páxina e de materia “GETT: Estudantado” en Moovi):
- Luns, 9 de setembro de 2024
- Acto de Acollida
- Xincana “Coñecendo a Escola e o Campus”
- Martes, 10 de setembro de 2024
- Obradoiro de xestión do tempo e técnicas de aprendizaxe
- Mércores, 9 de outubro de 2024
- Charla “Café & Drons”
- Mércores, 30 de outubro de 2024
- Charla “Café & Despregramentos de fibra”
- Mércores, 27 de novembro de 2024
- Charla “Café & Sistemas antidron”
- Mércores, 5 de febreiro de 2025
- Charla “Café & Novas tecnoloxías en satélites de comunicación”
Para o curso 2024-25 temos programadas unha serie de actividades dentro do programa orientaTE:
- Charlas “A actividade da Enxeñaría de Telecomunicación no ámbito da…”
- 17, 24 e 31 outubro e 20 e 27 novembro de 2024
- Charla Indra “Desenvolvemento electrónico e RF para os sistemas de fragatas F110”
- 15 de novembro de 2024
- Obradoiro Altia “Virtualización de contenedores con Kubernetes”
- 21 de novembro de 2024
- Charla “A Máquina Enigma: O código secreto dos nazis e o esforzo aliado para descifralo”
- 28 de xaneiro de 2025
- Charla “Novo Plan de Estudos de Grao: cambios e resolución de dúbidas”
- 29 de xaneiro de 2025
- Charla “Coñece á ONGD Enxeñería Sen Fronteiras Galicia”
- 5 de febreiro de 2025
- Charla ” ¿Teño claro que mención quero seguir?”
- 12 de febreiro de 2025
- Participación “X Jornadas sobre Tecnologías y soluciones para la Automatización Industrial (JAI 2024)”
- 10 ao 14 de febreiro de 2025
- Xornada “New space. Medidas avanzadas en alta frecuencia e caracterización de materiais”
- 6 de marzo de 2025