Acto de benvida do curso 2025-2026

O luns 8 de setembro, demos a benvida ao novo alumnado que comeza 1º do Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación (GETT), do Bachelor Degree in Telecommunication Technologies Engineering (BTTE), e do Programa Académico con Recorrido Sucesivo (PARS).

Neste acto, patrocinado pola Cátedra Indra-UVigo, a directora da Escola, Dna. Rebeca Díaz Redondo, a coordinadora do Grao (Dna. Lucía Costas Peérez) e o Subdirector de Organización Académica (D. Pedro Comesaña Alfaro) compartiron co novo estudantado a información sobre como será o seu día a día na Escola.

Tras a presentación, os e as estudantes percorreron as nosas instalacións facendo unha xincana. Agardamos que gozarades deste día e que o fagades tamén do resto do curso!