Rexistro aberto para Oracle4Girls 2025 na EET

Talleres de ciencia e tecnoloxía para nenas na Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo

O próximo 22 de marzo, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación de Vigo será o escenario dunha nova edición de Oracle4Girls, unha iniciativa de Oracle. Nesta edición nenas e rapazas de entre 4 a 16 anos poderán inscribirse e desfrutar duns talleres únicos deseñados para inspiralas a explorar o seu futuro nas ciencias e a tecnoloxía. Estes talleres buscan fomentar o interese polas carreiras STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñería e Matemáticas) e destacar as oportunidades no sector das TIC, onde as mulleres aínda están insuficientemente representadas.