Os grupos de investigación son estruturas básicas de desenvolvemento da actividade investigadora. Son o resultado da agrupación libre e voluntaria de persoas investigadoras que levan adiante –por razón de coincidencia de obxectivos, infraestruturas e recursos compartidos– dun xeito coordinado e habitual tarefas de investigación nun número reducido de líñas comúns, afines ou complementarias.
Os grupos teñen compromiso de estabilidade, consolidación, traballo conxunto e capacidade financeira sostible. Colaboración que pode frutificar nun mellor tratamento e nun maior rendemento de traballos de carácter científico ou técnico.
Actualmente na Escola de Enxeñaría de Telcomunicación existen uns vinte grupos de investigación que traballan en ámbitos e áreas diversas:
Área das Tecnoloxías de Telecomunicación
Sector de Comunicacións e sistemas
- Radar e teledetección
- Comunicacións satélite e radio
- Sistemas aeroespaciais e de defensa
- Fotónica e comunicacións ópticas
- Redes de datos
Sector de Servizos dixitais
- Saúde dixital
- Educación dixital
- Servizos electrónicos intelixentes
- Tecnoloxías multimedia
- Xestión de datos (redes de datos)
- Solucións para Internet das Cousas (IoT)
- Análisis de sinais biomédicas
Sector de Ciberseguridade
- Seguridade multimedia
- Privacidade
- Criptografía e comunicacións cuánticas
Área de Tecnoloxía electrónica
- Electrónica de potencia
- Energías renovables
- Sensores electroacústicos
- Sistemas de control industrial
- Almacenamiento energético basado en ultracondensadores
Área de Matemática aplicada
- Ecuacións diferenciais e simluación numérica
- Simulación e control
- Aprendizaxe máquina e solucións federadas
Área de Novos materiais
- Biomateriais e biomedicina
- Semiconductores e proc de superficies
- Materiais ópticos quirais