Tres primeiras actividades do programa integraTE

Abrir

Na primeira semana do curso 2023/2024 terán lugar as tres primeiras actividades dun novo programa do Plan de Acción Titoral da EET (creado neste curso 2023-24) chamado integraTE.

integraTE é un programa de acollida e integración para o estudantado de Grao que chega ao seu primeiro curso na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (EET). É unha parte fundamental do Plan de Acción Titorial da Escola (PAT-ANEAE), proporcionando actividades axustadas a cada momento do curso académico (con especial énfase no comezo dos cuadrimestres). Estas actividades lles axudarán a integrarse na vida da Escola e a adaptarse á súa nova condición: universitaria, adulta, madura…

As tres primeiras actividades (incluídas nos horarios de primeiro curso) terán lugar na primeira semana do curso e son as seguintes:

  1. Luns 11 de setembro de 11.00 a 13.00 (despois do acto de acollida) haberá unha xincana que che axudará a coñecer a Escola e a algúns dos responsables de coordinar a docencia no grao, o que sen dúbida che resultará de utilidade
  2. Martes 12 de setembro de 16.00 a 18.00 haberá un obradoiro de “Xestión do tempo e técnicas de estudo”
  3. Xoves 14 de setembro de 09.00 a 11.00 terá lugar o obradoiro “Fortalezas de carácter e motivación”

Non as perdas, asiste!

Neste enlace tes máis información do programa integraTE.