Elas Fan TIC na EET para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs

Abrir
Elas Fan Tic 2025

Para conmemorar o Día Internacional da Muller e a Nena nas TICs, a Escola organiza a Xornada ‘Elas Fan TIC’ o vindeiro venres 21 de febreiro de 2025. O obxectivo é darlle visibilidade ás carreiras tecnolóxicas e de enxeñaría para que o estudantado máis novo as poida valorar como unha opción de futuro.

A xornada, na que van participar 60 rapazas e rapaces dos colexios Javier Sensat e San Xosé da Guía, consistirá nun obradoiro de programación e robótica dirixido por alumnas da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, e terá o seguinte programa:

De 09:30 a 09:45: Benvida (nas bancadas da Escola)
De 09:45 a 11:20: Primeiro taller: un grupo irá ao taller de CuteBot (laboratorio ) e outro ao de Códigos (Sala de Xuntas)
De 11:20 a 11:40: Descanso (xantar nas bancadas)
De 11:40 a 13:10: Segundo taller: os grupos intercambian talleres
De 13:10 a 13:30: Charla participativa na Sala de Xuntas xunto coa despedida

Esta xornada está patrocinada pola Cátedra Indra-UVigo en enxeñaría e tecnoloxía.